Golparro

xograr galego do século XIII

Golparro foi un xograr galego do século XIII.[1]

Infotaula de personaGolparro
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador , xograr Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Golparro sería un alcume que significaría "raposo vello". Ana Isabel Boullón Agrelo sostivo que o sobrenome Golparro sería unha mestura dos termos golpe e raposo. Manuel Fernández Rodríguez atopou un documento de compra por parte do Mosteiro de Santa María Melón de 1257, no que figura como vendedor un Juan Fernández coñecido como Golparro.[2]

Pola súa obra, na que fai alusión ao santuario de San Treeçon, deduciuse que foi orixinario da zona de Tuy, onde venerábase a este santo naquela época.[3]

Obra editar

É autor dunha cantiga de amigo, sobre o santuario de San Treeçon, pertencente ao subxénero de cantigas de romaría.[4]

Notas editar

  1. "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-04-03. 
  2. Striker, Gabriela Edith (2018). "Problemas en la transmisión material de una cantiga del juglar Golparro". Universidad de Buenos Aires, Facultad de Filosofía y Letras, Departamento de Artes. Consultado o 2021-04-03. 
  3. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-04-03. 
  4. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-04-03. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar