Golfo do Ienisei

estuario

Coordenadas: 72°18′N 80°30′L / 72.300, -80.500

Localización do golfo do Ienisei.

O golfo do Ienisei (en ruso, Енисейский залив) é un grande estuario formado pola desembocadura do río Ienisei no mar de Kara, no océano Ártico.

O golfo do Ienisei e todas as súas illas, pertencen o Krai de Krasnoiarsk, unha división administrativa da Federación de Rusia, e forma parte da Reserva Natural Estatal Grande Ártico, a maior reserva natural de Rusia.

A estación biolóxica de Willem Barents é unha estación polar situada ao nordeste da baía de Meduza, no extremo norte da boca do Ienisei, nos 73° 21′ N 80° 32′ L.[1]

XeografíaEditar

 
Vista de satélite do golfo e zonas adxacentes.

O golfo do Ienisei está formado por un ensanchamento do río, que oscila entre os de 50 km e os 250 km, nunha dirección aproximadamente Sur-Norte, nunha zona ao redor do asentamento de Munguy, ao norte da cidade de Dudinka.

O conxunto da rexión do baixo Ienisei é sombría e está pouco habitada, e os escasos asentamentos constrúense en solo permafrost. Non hai vexetación, excepto musgos, liques e algunhas herbas.

As augas costeiras son hábitats das belugas.

A profundidade máxima do golfo de Ienisei é de 63 m. A desembocadura do golfo está situada aproximadamente a 72° 30′ N, na zona da illa Sibiryakov, no mar de Kara.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.