Goberno tripartito

Un goberno tripartito é aquel formado por unha coalición entre tres organizacións políticas.

Na historia recente de Galicia, o Goberno tripartito foi un goberno de coalición entre o PSdeG, Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego que ocupou a Xunta de Galicia entre 1987 e 1989

Xosé Luís Barreiro Rivas, home forte de Alianza Popular en Galicia, abandonou este partido en 1987 e apoiou unha moción de censura do líder socialista Fernando González Laxe contra Xerardo Fernández Albor. Nas eleccións autonómicas de 1989, o Partido Popular de Galicia (antiga Alianza Popular), obtivo maioría absoluta con Manuel Fraga Iribarne.