Gloria ao Pai
(Redirección desde «Gloria Patri»)
O Gloria ao Pai, ou en latín Gloria Patri, é unha pregaria cristiá en honor da Santísima Trindade, que a Igrexa ten o costume de cantar despois de cada salmo, ao final dos misterios do rosario, ou despois doutras pregarias (nosopai, avemaría). É unha doxoloxía (fórmula coa que se glorifica a Deus, normalmente ao final doutro texto), e é coñecido como doxoloxía menor para distinguilo da doxoloxía maior, Gloria in excelsis Deo.
Texto latino:
- Gloria Patri, et Filio, et Spiritui Sancto. Sicut erat in principio, et nunc, et semper, et in sæcula sæculorum. Amen.
Texto galego:
- Gloria ao Pai e ao Fillo e ao Espírito Santo. Como era no principio, agora e sempre, eternamente. Amén.[1]
Notas
editar- ↑ Oracional litúrxico e devocional para uso privado na diocese de Ourense. Teófilo Edicións. 2021, páx. 51