Giuseppe Pasotto, nado en Bovolone (Italia) o 6 de xullo de 1954,[1] é un relixioso estigmatino italiano, dende 1996 administrador apostólico do Cáucaso.

Infotaula de personaGiuseppe Pasotto
Biografía
Nacemento6 de xullo de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Bovolone, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Bispo titular
9 de novembro de 1999 –
Diocese: Musti (en) Traducir
Administrador apostólico
29 de novembro de 1996 –
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2000–), sacerdote católico (1979–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaCongregação dos Sagrados Estigmas de Nosso Senhor Jesus Cristo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónXoán Paulo II, papa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aínda mozo entrou no seminario dos estigmatinos e foi ordenado sacerdote o 12 de maio de 1979 polo cardeal Lucas Moreira Neves.[1]

En 1993 marchou a Xeorxia, logo dunha petición á súa congregación pola Santa Sé para estabelecer unha presenza católica de rito latino no país (posible pola disolución da URSS).

En 1996 foi nomeado administrador apostólico do Cáucaso, exercendo a función de bispo para os católicos latinos de Xeorxia, Armenia e Acerbaixán.[1] O 8 de novembro de 1999 acolleu ao papa Xoán Paulo II en visita oficial a Xeorxia e ao encontro co presidente Eduard Shevardnadze.

Foi nomeado bispo titular Musti por Xoán Paulo II, recibido a consagración episcopal de mans do mesmo papa o 6 de xaneiro de 2000, na basílica de San Pedro.[1] O 11 de outubro do mesmo ano a administración apostólica deixou de ter xurisdición sobre Acerbaixán, pasando este país a constituír unha misión sui iuris. En 2005, Giuseppe Pasotto organizou o primeiro sínodo diocesano da administración. O 30 de setembro de 2016 acolleu ao papa Francisco en visita oficial a Xeorxia e ao presidente Giorgi Margvelashvili.[2]

Premios e distincións editar

En decembro de 2015 foi nomeado cidadán honorario do concello de Bovolone.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Annuario Pontificio per l'anno 2009. p. 955. 
  2. "Papa in Georgia, l’ha accolto il vescovo Pasotto". L'Arena (en italiano). 4 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2018. Consultado o 26 de novembro de 2018. 
  3. Massagrande, Roberto (9 de decembro de 2015). "Cittadinanza onoraria a monsignor Pasotto". L'Arena (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2018. Consultado o 26 de novembro de 2018. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Jean-Paul Aimé Gobel
 Administrador apostólico do Cáucaso 
dende 1996
Sucesor:
(no cargo)