Giulio Cesare Aranzi

Giulio Cesare Aranzi, nado en Boloña en 1530 e finado en 1589, tamén coñecido como Giulio Cesare Aranzio, Julius Caesar Aranzi e Arantius, foi un médico e anatomista italiano.

Infotaula de personaGiulio Cesare Aranzi
Nome orixinal(it) Giulio Cesare Aranzio Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1530 Editar o valor em Wikidata
Boloña Editar o valor em Wikidata
Morte7 de abril de 1589 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Boloña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Boloña
Universidade de Padua Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , cirurxián , profesor universitario , neurocientífico , anatomista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Boloña Editar o valor em Wikidata
ProfesoresBartolomeo Maggi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosGaspare Tagliacozzi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Traballou como mestre en Boloña e Padua e foi o médico persoal do papa Xulio III.

Foi unha figura moi relevante no campo da anatomía e describiu por primeira vez un gran número de peculiaridades anatómicas dos fetos, en particular o conduto de Aranzi que une a vea umbilical e a vea cava inferior.[1] É pioneiro nas descricións anatómicas en relación cos procesos patolóxicos.

Traballos publicados editar

Estes traballos foron publicados xuntos en 1587 en Venecia:

  • De tumoribus prater naturam secundum locos affectus liber.
  • De humano foetu liber.
  • Anatomicarum observationum liber.

Notas editar

  1. "Giulio Cesare Aranzi". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar