Giovanni Battista Venturi

físico italiano

Giovanni Battista Venturi, nado en Bibbiano en 1746, finado en Reggio Emilia en 1822, foi un físico italiano.[1] Descubriu o efecto Venturi do cal toma o seu epónimo. Foi o epónimo tamén da bomba Venturi (aspiradora) e do tubo de Venturi.

Giovanni Battista Venturi
Nacemento15 de marzo de 1746, 1746 e 11 de setembro de 1746
Lugar de nacementoBibbiano
Falecemento24 de abril de 1822, 1822 e 10 de setembro de 1822
Lugar de falecementoReggio Emilia
NacionalidadeReino de Italia
Ocupaciónfísico
editar datos en Wikidata ]

Foi contemporáneo de personaxes como Leonhard Euler e Daniel Bernoulli. Foi alumno de Lazzaro Spallanzani e ordenado sacerdote en 1769. Nese mesmo ano é nomeado profesor de lóxica no seminario de Reggio Emilia. En 1774 converteuse en profesor de xeometría e filosofía na Universidade de Módena, onde en 1776 se converteu en profesor de física.

Venturi foi o primeiro que mostrou a importancia de Leonardo da Vinci como científico, e compilou e publicou moitos dos manuscritos e cartas de Galileo.

Notas editar

  1. www.biografiasyvidas.com (ed.). "Biografía" (en español). Consultado o 28 de outubro de 2011.