Universidade de Módena e Reggio Emilia

A Universidade de Módena e Reggio Emilia, en italiano Università degli Studi di Modena e Reggio Emilia, é unha universidade organizada segundo un modelo de campus en rede. A súa peculiaridade, por tanto, é a de estar apoiada nun proxecto de desenvolvemento complementario entre dous polos académicos distintos. Módena (sede da segunda universidade máis antiga de Italia, nada en 1175 e desenvolvida arredor do histórico Studium mutinensis ) e Reggio Emilia desde 1998.

Universidade de Módena e Reggio Emilia
Datos xerais
Fundación1175
Datos actuais
AlumnosMáis de 25.000 de grao; tamén enxeñerías e posgraos
Datos de contacto
Páxina webweb de UNIMORE
Facebook: Università-di-Modena-e-Reggio-Emilia-138033796218052 Twitter: unimore_univ Instagram: unimore_official Dialnet: 4268376 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Algúns estudantes coñecidos que asistiron á Universidade son o dramaturgo do século XVII Carlo Goldonie, o historiador do século XVIII Ludovico Antonio Muratori, o expresidente de Italia Sandro Pertini ou a científica Genoveffa Franchini.

Recoñecemento editar

Está entre as mellores universidades de Italia. No 2007 foi elixida como a mellor universidade pública nacional polo xornal Il sole 24 ore, sinalando o alto nivel no servizo e prestacións; mentres que no 2008 perdeu dúas posicións, por detrás da Politécnica de Milán e a Universidade de Trieste.[1]

A Universidade forma parte do consorcio interuniversitario Cineca.

Organización editar

As facultades en Módena atópanse en tres puntos distintos da cidade

En Reggio Emilia repártense en dúas localizacións:

Ademais, a universidade conta con diversas galerías, teatros e museos integrados.

Notas editar

Véxase tamén editar