RCD Espanyol (baloncesto)

(Redirección desde «Gin MG Sarriá»)

A sección de baloncesto do RCD Espanyol foi un equipo profesional español con sede na cidade de Barcelona, Cataluña. Durante a segunda metade da década de 1980 xogou na Liga ACB, até que en 1991 se fusionou co CB Granollers. O seu maior éxito foi a consecuión da Copa do Rei en 1941 ao vencer na final por 35−20 ao Hospitalet.[1]

RCD Espanyol
Información xeral
Fundación 1923
Desaparición 1989
Cores           Azul, branco
Localización
Cidade España Barcelona, España
Pavillón Palau Municipal d'Esports
Capacidade 6 523
Inauguración 1955
Campionatos
Copa do Rei 1 (1941)

Historia editar

A sección de baloncesto do RCD Espanyol foi fundada en 1923 e extinguida en 1989. En 1923, por tanto, o club converteuse nun dos primeiros clubs deportivos de Cataluña con equipo de baloncesto. En 1923 participou no primeiro Torneo Rexional. Cómpre destacar que o primeiro punto anotado no devandito campionato logrouno o xogador do Espanyol Bagués ao anotar un tiro libre. Desde 1924 a 1927 o club non participou en ningún torneo oficial, até que o fixo na temporada 1927−28 no Campionato de Segunda Categoría, proclamándose campión desta e ascendendo á Primeira División. Na temporada 1928−29 quedou en quinto posto da clasificación e na 1929−30 terceiro.

Nas temporadas 1930−31 e 1931−32 a sección proclamouse Campión de Cataluña. Nas tempadas 1932−33 e 1933−34, porén, foi subcampión deste mesmo torneo. Na temporada 1940-41 participou nos Campionatos Nacionais que se disputaron en Madrid, proclamándose Campión de España ao derrotar na final a outro club catalán, o CB L'Hospitalet. Na temporada 1941−42, o equipo quedou en sétimo lugar porque moitos dos seus mellores xogadores pasaron a outros clubs. Este feito fixo que durante as seguintes tempadas as actuacións dos branquiazuis non fosen todo o boas que deles cabía esperar e acabou descendendo á Segunda Categoría. Permaneceu na Segunda Categoría desde o 1946 até o 1950, cando se gañaron 25 dos 26 partidos xogados e logrou o ascenso á Primeira Categoría. No palmarés do Espanyol de baloncesto figuran pois, dous Campionatos de Cataluña en 1930−31 e 1931−32 e un Campionato de España en 1940−41.

O Espanyol regresaría á elite na década de 1980, sendo estes os mellores anos da sección. Militou cinco tempadas na Liga ACB, e contou con xogadores como Mike Phillips, Ferran Martínez, Albert Illa, Jordi Freixanet, Toni Tramullas, Manel Bosch, Óscar Cervantes, Pepe Collins ou Santi Abad. Nesa época o equipo disputaba os seus partidos no Palau Municipal d'Esports de Barcelona (do catalán: Palacio Municipal dos Deportes de Barcelona). O equipo chegou a disputar a Copa Korać na temporada 1986−87, mais descendeu na temporada 1988−89, o que acabou precipitando a súa desaparición. Cómpre destacar que 1988 a sección foi comprada pola empresa Unipublic, desvinculándose definitivament do club. Finalmente, esta fusionase co Granollers antes de desparecer definitivamente.

Patrocinios editar

Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa estancia na Liga ACB:

  • Español (1984−1985)
  • Español Júver (1985−1986)
  • Gin MG Sarriá (1986−1987)
  • Grupo IFA RCD Español (1987−1988)
  • Grupo IFA Español (1988−1989)

Xogadores editar

Destacados editar

Historial editar

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1929–58 Copa do Rei Unha vez campión (1940–41)
1957–58 1 1ª División 7th 7–11
1958–59 1 1ª División 7th 10–14
1959–60 1 1ª División 9th 12–1–15 Primeira rolda
1960–61 1 1ª División 10º 6–16 Semifinais
1961–62 1 1ª División 10–8 Cuartos de final
1962–82 Lower divisions
1967–68 2 2ª División 13–8
1968–69 2 2ª División 24–1–3
1969–70 1 1ª División 12º 3–1–18
1970–71 2 2ª División 15–1–10
1971–72 2 2ª División 9–13
1972–73 2 2ª División 13–15
1973–74 2 2ª División
1974–75 2 2ª División 10º 7–1–14
1975–76 3 3ª División 24–4
1976–77 3 3ª División 16–1–9
1977–78 3 3ª División 23–7
1978–79 3 2ª División 15–15
1979–80 3 2ª División
1980–81 3 2ª División 18–8
1981–82 3 2ª División
1982–83 2 1ª División B 13–1–11
1983–84 2 1ª División B 21–5
1984–85 1 ACB 12º 12–18 Copa Príncipe SR
1985–86 1 ACB 12º 16–17 Copa Príncipe CF
1986–87 1 ACB 14º 15–17 Copa Príncipe OF 3 Copa Korać SR 3–1
1987–88 1 ACB 16º 8–24 Copa Príncipe OF
1988–89 1 ACB 22–16 Primeira rolda

Notas editar

  1. "Espanyol: 20 años del adiós perico (I)". acb.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2017. Consultado o 10 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar