Geraldo Rivera

presentador estadounidense de talk shows, xornalista e escritor

Geraldo Rivera, nado como Gerald Michael Riviera en Nova York o 4 de xullo de 1943,[1][2] é un presentador estadounidense de talk shows, xornalista e escritor. Foi o presentador do programa Geraldo entre 1987 e 1998. Rivera presentou os programa Geraldo at Large e Geraldo Rivera Reports e aparece regularmente en programas de Fox News como The Five.

Infotaula de personaGeraldo Rivera

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Gerald Michael Rivera Editar o valor em Wikidata
4 de xullo de 1943 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaShaker Heights Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónState University of New York Maritime College (en) Traducir
Universidade de Pensilvania
Columbia University Graduate School of Journalism
Brooklyn Law School (en) Traducir - Juris Doctor (pt) Traducir
Universidade do Arizona (pt) Traducir - graduado en ciencias
West Babylon High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor , avogado , presentador de televisión , locutor de radio Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxevalor descoñecido (2003–)
valor descoñecido (1987–2000), divorcio
valor descoñecido (1976–1984), divorcio
Edith Vonnegut (1971–1975), divorcio
valor descoñecido (1965–1969), divorcio
IrmánsCraig Rivera (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webgeraldo.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0729273 TV.com: people/geraldo-rivera
Facebook: GeraldoRivera Twitter: GeraldoRivera WikiTree: Rivera-671 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Rivera naceu no Beth Israel Medical Center de Nova York, fillo de Lillian (de solteira Friedman; 16 de outubro de 1919 – 3 de xuño de 2018) e Cruz "Allen" Rivera (1 de outubro de 1915 – novembro de 1987), traballadora nun restaurante e taxista, respectivamente.[3][4] O pai de Rivera era un católico portorriqueño,[5] e a súa nai era de ascendencia rusa xudía. Foi criado "principalmente como xudeu" e tivo cerimonia de Bar Mitzvah.[6][7] Creceu en Brooklyn e West Babylon, Nova York, onde asistiu ao West Babylon High School. A familia de Rivera foi en ocasións obxecto de prexuízos e racismo, e a súa nai adoptou a grafía do seu apelido como "Riviera" para evitar a intolerancia (só a súa irmá Sharon tivo o apelido sen modificar a grafía.).[8][9]

Carreira editar

Rivera foi contratado por WABC-TV en 1970 como reporteiro para Eyewitness News. En 1972, recibiu atención nacional e gañou un premio Peabody[10] pola súa reportaxe sobre a neglixencia e o abuso sobre pacientes con discapacidade intelectual na Willowbrook State School de Staten Island, e comezou a aparecer en programas nacionais da ABC como 20/20 e Nightline nas súas estreas en 1978 e 1979 respectivamente. Despois de que John Lennon vise a reportaxe de Rivera sobre Willowbrook, el e Rivera organizaron un concerto benéfico chamado "One to One" o 30 de agosto de 1972, no Madison Square Garden de Nova York, que Yoko Ono estreou postumamente en 1986, como Live in New York City. Entre 1994 e 2001, Rivera presentou Rivera Live, un programa de tarde de novas e entrevistas na CNBC que se emitía durante a semana.[11]

Rivera deixou a CNBC en novembro de 2001, dous meses despois dos atentados do 11 de setembro de 2001 para converterse en correspondente de guerra de Fox News. O seu irmán Craig acompañouno como cámara en Afganistán. En 2001, durante a guerra de Afganistán, Rivera foi ridiculizado por unha información en que afirmaba que estaba no lugar dun incidente por fogo amigo; despois revelouse que realmente estaba a 300 millas de distancia. Rivera culpou a un malentendido pola discrepancia.[12]

Vida persoal editar

Rivera casou cinco veces:

  1. Linda Coblentz (1965–1969, divorciados)
  2. Edith Vonnegut (14 de decembro de 1971 – 1975, divorciados)
  3. Sherryl Raymond (31 de decembro de 1976 – 1984, divorciados)
    fillo: Gabriel Miguel (nado en xullo de 1979)[13][14]
  4. C.C. (Cynthia Cruickshank) Dyer (11 de xullo de 1987 – 2000, divorciados)
    fillas: Isabella Holmes (nada en 1992)[15] e Simone Cruickshank (nada 1994). Seis intentos de ter fillos mediante inseminación artificial acabaron en aborto[16]
  5. Erica Michelle Levy (dende agosto de 2003)
    filla: Sol Liliana (nada en 2005)[17]

Rivera admitiu que tivo unha relación durante varios anos ata 1985 con Marian Javits, esposa do senador por Nova York Jacob K. Javits.[18]

Política editar

Rivera é republicano,[19] e considerou en presentarse na elección especial de New Jersey de 2013 para ocupar o asento deixado vacante no Senado trala morte de Frank Lautenberg.[20] Finalmente decidiu non presentarse á elección.

Notas editar

  1. "Geraldo Rivera Biography". Biography.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2014. Consultado o 21 de xullo de 2013. 
  2. "Geraldo Rivera Was Born 'Jerry Rivers'?". Snopes.com. Consultado o 12 de xuño de 2015. 
  3. "Excerpt: 'His Panic'". ABC News. 26 de febreiro de 2008. Consultado o 29 de setembro de 2010. 
  4. "Geraldo Rivera Biography (1943-)". Filmreference.com. Consultado o 12 de xuño de 2015. 
  5. "Excerpt: 'His Panic'". ABC News. 26 de febreiro de 2008. Consultado o 28 de marzo de 2012. 
  6. "Biography for Geraldo Rivera". IMDb.com. Consultado o 12 de xuño de 2015. 
  7. Miller, Gerri. "InterfaithFamily". InterfaithFamily.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 12 de xuño de 2015. 
  8. Wood, Jamie Martinez (2007). Latino Writers and Journalists. New York, NY: Facts on File, Inc. p. 195. ISBN 978-0-8160-6422-9. 
  9. "Fact Check: Geraldo Rivera". Snopes.com. 
  10. Powers, Ron (1977). The Newscasters: The News Business as Show Business. Nova York: St. Martin's Press. p. 185. ISBN 0312572085. 
  11. Beatty, Sally (2 de novembro de 2001). "Geraldo Rivera to Leave CNBC For Fox and, Then, to Cover War". Wall Street Journal (Nova York). 
  12. "Gun-toting Geraldo under fire for the story that never was", The Daily Telegraph, 20 de decembro de 2001
  13. McDougal, Dennis (5 de marzo de 1989). "There's a New Geraldo ... Sort of : Rivera' still a TV outlaw, but he's moving into new corporate, personal and professional worlds". Los Angeles Times. 
  14. Froelich, Janis D.. (15 de xullo de 1991) Geraldo... Er, Make That Gerald Rivera's Moms Tell All!. Deseret News. Consultado o 17 de decembro de 2011.
  15. Geraldo, wife overcome fertility foes, have baby. Herald-Journal. 9 de novembro de 1992
  16. https://www.imdb.com/name/nm0729273/bio
  17. 50 Highs and Lows from 40 Years in the News Business Arquivado 24 de xaneiro de 2013 en Archive.is. Geraldo.com (5 de setembro de 2010). Consultado o 17 de decembro de 2011.
  18. Maier, Thomas (3 de agosto de 2010). Masters of Sex: The Life and Times of William Masters and Virginia Johnson, the Couple Who Taught America How to Love (en inglés). Basic Books. ISBN 9780465020409. 
  19. "Geraldo Rivera declares himself a 'moderate Republican' as he eyes U.S. Senate run". NJ.com (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2018. 
  20. Stetler, Brian (4 de febreiro de 2013). "Fox News Monitors Geraldo as He Mulls Political Office". The NY Times. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar