Bar e Bat Mitzvah
No xudaísmo, un Bar Mitzvah é un neno xudeu, e unha Bat Mitzvah unha nena xudía, que cumpriu 13 anos (ou para unha nena do movemento ortodoxo, 12 anos). Pasan por un rito de paso que simboliza a responsabilidade do mozo por si mesmo.
Antes do bar mitzvah, os pais do neno son responsables das accións do neno. Despois desta idade, os nenos e nenas asumen a súa propia responsabilidade, podendo participar en todos os ámbitos da vida da comunidade xudía. Marca a súa maioría de idade.
Terminoloxía
editarOs termos tamén se usan para a cerimonia de celebración deste evento.
- Bar Mitzvah (plural B'nai Mitzvah ) provén do arameo בר מצוה , "Un (varón) a quen se aplican os mandamentos". (Se fose hebreo sería בן (ben) non בר (bar). בר é "fillo" en arameo, e בן (ben) é fillo en hebreo.).
- Bat Mitzvah (plural B'not Mitzvah ) é בת מצוה , "unha (fémina) a quen se aplican os mandamentos" (Ashkenazi: Bas Mitzvah).
Significado
editarSegundo a lei xudía, cando os nenos xudeus alcanzan a "maioría de idade" (xeralmente trece anos para os nenos e doce para as nenas) fanse responsables das súas accións e "convértense nun Bar ou Bat Mitzvah". Este é tamén o momento no que normalmente comeza a puberdade física [1] . Antes disto, os pais do neno teñen a responsabilidade dos seus actos, e de que o neno siga a lei e a tradición xudía e, despois desta idade, os nenos teñen a súa propia responsabilidade pola lei, tradición e a ética rituais xudías e teñen dereito a participar en todos os ámbitos da vida da comunidade xudía.[2]
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bar e Bat Mitzvah |
Bibliografía
editar- Oppenheimer, Mark. Thirteen and a Day: The Bar and Bat Mitzvah across America. Nova York: Farrar, Straus, and Giroux, 2005.
Ligazóns externas
editar- Schauss, Hayyim. Arquivado 27 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. Historia do Bar Mitzvah Arquivado 27 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. Arquivado
- "Bar Mitzvah, Bat Mitzvah e Confirmación"
- Sitio web oficial do Ministerio de Turismo de Israel con información sobre a celebración do Bar/Bat Mitzvah en Xerusalén Arquivado 02 de febreiro de 2010 en Wayback Machine.
- Secular Humanistic Bar/Bat Mitzvah Arquivado 01 de xuño de 2009 en Wayback Machine. Arquivado
Este artigo sobre xudaísmo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |