Abrir o menú principal

Georges Demenÿ

fotógrafo francés

Georges Emile Joseph Demenÿ,[1] nado en Douai (Norte-Paso de Calais) o 12 de xuño de 1850 e finado en París o 26 de outubro de 1917 foi un fotógrafo e inventor francés de orixe húngara, considerado o fundador da educación física científica. Era irmán do poeta Paul Demeny.

Georges Demenÿ
Zicklein einer physiologischen Studie unterzogen; links Marey, rechts, ohne Hut, Demeny.jpg
Demenÿ (á dereita, sen chapeu) con Marey (esquerda)
Nacemento12 de xuño de 1850
 Douai, Norte
Flag of France.svg Francia
Falecemento26 de outubro de 1917
 París
Flag of France.svg Francia
SoterradoCemiterio de Montmartre
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónfotógrafo, inventor, fisiólogo e enxeñeiro
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Adéle Vignron e do músico Philippe Joseph Demenÿ, estudou en Douai e Lille antes de marchar a París, onde comezou a traballar co fisiólogo Étienne-Jules Marey fotografando imaxes de animais e humanos en movemento.[1]

En 1891 cando traballaba de axudante de Marey, inventou e fonoscopio e en 1894 o cronofotógrafo con disco excéntrico, que o converte nun dos precursores do cinema. Con este sistema rexistra series de imáxenes nas que unha personaxe (o propio Demenÿ) di frases sinxelas, como “Vive la France!” ou “je vous aime”.[2] Polas súas dificultades económicas viuse obrigado a vender os dereitos do cronofotógrafo a Léon Gaumont,[3] co que este se iniciou no cinema.

En 1903 fundou en París o CSEP (Cour Supérieur d'Education Physique), escola de formación deportiva e médica.

ObraEditar

  • L’Éducation physique en Suède, 1892
  • Guide du maître chargé de l'enseignement des exercices physiques dans les écoles publiques et privées, 1900
  • Les Bases scientifiques de l’éducation physique, 1902
  • Physiologie des professions. Le violoniste, art, mécanisme, hygiène, 1905
  • Cours supérieur d'éducation physique, con Jean Philippe et Georges-Auguste Racine, 1905
  • Mécanisme et éducation des mouvements, 1904; 1905
  • Danses gymnastiques composées pour les établissements d'enseignement primaire et secondaire de jeunes filles, con A. Sandoz, 1908
  • Les Origines du cinématographe, 1909
  • Science et art du mouvement. Éducation physique de la jeune fille. Éducation et harmonie des mouvements, 1911; 1920
  • L’Éducation de l’effort, 1914
  • Éducation physique des adolescents. Préparation sportive par la méthode synthétique avec l'art de travailler, 1917

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Hannavy, John. Encyclopedia of Nineteenth-Century Photography. p. 409. 
  2. Ruiz, Luis Enrique (2000). Ediciones Mensajero, ed. Obras pioneras del cine mudo (en castelán). ISBN 84-271-2296-9. 
  3. Poupion, Olivier (2002). OCLC, ed. Histoire du cinéma à Rouen 1892-1919 (en francés). Ruán. 

Véxase taménEditar

BibliografiaEditar

  • Mannoni, Laurent (1997). Pagine, ed. Georges Demeny: Pionnier du cinéma. 

Ligazóns externasEditar