George Singleton
baloncestista estadounidense
George Wilfard Singleton Jr., coñecido como George Singleton, nado o 9 de xullo de 1961 en Kershaw, Carolina do Sur, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Formado na universidade de Furman xogou na LEGA, na HEBA e na ACB. Cunha altura de 2,02 metros destacou por ser un dos mellores taponadores da historia da ACB.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de xullo de 1961 (63 anos) Kershaw, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Furman University (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 203 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 95 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Cómpre destacar que é un dos poucos xogadores que conseguiu unha tripla-dobre na liga ACB, facendo o 12 de febreiro de 1994 23 puntos, 12 rebotes e 10 tapóns, nunha vitoria por 84 a 82 do TDK Manresa sobre o Taugrés.[1][2] Está tamén considerado como un dos mellores "matadores" da historia da ACB.[3]
Traxectoria
editar- Furman University. NCAA.
- Fórum Valladolid (1984-1986). ACB.
- Spondilatte Cremona (1986-1987). LEGA.
- Jollycolombani Forli (1987-1988). LEGA.
- Annabella Pavia (1988-1989). LEGA.
- DYC Breogán (1989–1990). ACB.
- TDK Manresa (1990-1994). ACB.
- Peristeri (1994). HEBA.
Logros
editar- Máximo reboteador da historia do Bàsquet Manresa (1.131).
- Máximo taponador da historia do Bàsquet Manresa (331).
- Terceiro máximo taponador da historia do Club Baloncesto Breogán (87).
- Terceiro máximo taponador da historia do Club Baloncesto Valladolid (170).
- Máximo rexistro de tapóns nun só encontro da historia do Bàsquet Manresa (10).
- Máximo rexistro de tapóns nun só encontro da historia do Club Baloncesto Breogán (7).
Notas
editar- ↑ "Estatísticas TDK-Taugrés 12/2/1994". Arquivado dende o orixinal o 14/04/2013. Consultado o 18/05/2010.
- ↑ "Momentos estelares, as triplas-dobres". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2012. Consultado o 18 de maio de 2010.
- ↑ Os 50 mellores matadores
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha en acb.com
- Ficha en legabasket.it Arquivado 23 de marzo de 2006 en Wayback Machine.