George Nicholas Eckert

político estadounidense

George Nicholas Eckert, nado en Womelsdorf, Pensilvania, o 4 de xullo de 1802 e finado en Filadelfia o 28 de xuño de 1865, foi un médico, alto funcionario e político estadounidense, membro do partido Whig, membro da Cámara de Representantes (1847-1849) e director da Casa da Moeda dos EEUU (1851-1853).

George Nicholas Eckert
George N. Eckert.jpg
Nacemento4 de xullo de 1802
Lugar de nacementoWomelsdorf.
Flag of Pennsylvania.svg Pensilvania.
Falecemento28 de xuño de 1865 (62 anos)
Lugar de falecementoSeal of Philadelphia, Pennsylvania.svg Filadelfia.
Flag of Pennsylvania.svg Pensilvania.
SoterradoCemitério Laurel Hill
NacionalidadeFlag of the United States.svg Estadounidense
Alma máterUPenn shield with banner.svg Universidade de Pensilvania.
OcupaciónMédico, político e alto funcionario.
Na rede
Find a Grave: 21787 Editar o valor em Wikidata
Membro de:
Cámara de Representantes dos Estados Unidos.
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Formación e actividade privadaEditar

Eckert graduouse no departamento de Medicina da Universidade de Pensilvania, en Filadelfia, en 1824[1] e exerceu a medicina en Reading, Pensilvania. Foi un dos organizadores da Sociedade Médica do Condado de Berks en 1824.[2]

Posteriormente trasladouse a Pine Grove, no condado de Schuylkill do mesmo Estado, onde se dedicou ao comercio do carbón e do ferro.[2]

Carreira públicaEditar

Eckert foi elixido polo partido Whig para o trixésimo Congreso. O 1 de xullo de 1851 foi nomeado polo presidente Millard Fillmore director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, cargo que exerceu ata o 6 de xuño de 1853.[2][3]

George Nicholas Eckert finou en Filadelfia o 28 de xuño de 1865 e foi soterrado no cimeterio Laurel Hill.[2]

NotasEditar

  1. Maxwell, W.J. (1917). General Alumni Catalogue of the University of Pennsylvania. UP General Alumni Society, Filadelfia. Páxina 586.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 United States Congress. (1961). Biographical Directory of the American Congress, 1774-1961. U.S. Government Printing Office. Páxina 845.
  3. Evans, G. G. (1893). Páxina 103.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Predecesor:
Robert M. Patterson
 
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1851 - 1853
Sucesor:
Thomas M. Pettit