George David Low

astronauta estadounidense

George David Low, nado en Cleveland, Ohio, o 19 de febreiro de 1956 e finado o 15 de marzo de 2008, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-32, STS-43 e STS-57.[1][2]

George David Low
Datos persoais
Nacemento19 de febreiro de 1956
LugarCleveland
Falecemento15 de marzo de 2008
Actividade
MisiónsSTS-32, STS-43 e STS-57
Tempo no espazo29,77 días
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Low graduouse en enxeñaría física pola Universidade de Washington e Lee en 1978 e en enxeñaría mecánica pola Universidade Cornell en 1980, cun máster en aeronáutica e astronáutica pola Universidade Stanford en 1983.[1][2]

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 1984, participando nas misións STS-32, STS-43 e STS-57 e pasando un total de 29,75 días no espazo.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Low, George David" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (marzo de 2008). "G. DAVID LOWNASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar