STS-43

misión do transbordador espacial Atlantis

STS-43 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 2 de agosto de 1991 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-43
Lanzamento da misión STS-43.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento2 de agosto de 1991, 15:02 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión8,89 días[6]
Obxectivo da misiónPosta en órbita do satélite TDRS 5 e realización de varios experimentos.[3][6]
Regreso11 de agosto de 1991[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1991-054A

Características editar

STS-43, con cinco astronautas a bordo (John E. Blaha, comandante, Michael A. Baker, piloto, e os espcialistas de misión Shannon Lucid, G. David Low e James C. Adamson), foi lanzada para poñer en órbita o satélite TDRS 5 e facer varios experimentos. Foi a novena misión do transbordador Atlantis e entre os experimentos a bordo estaban un radiador experimental, un experimento para a observación no ultravioleta, instrumentos para comunicación óptica, crecemento de cristais, procesamento de materiais e experimentos de fluídos en microgravedade.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 11 de agosto de 1991.[3][5][6][7]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 43" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 16 December 1992 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (93-01075). 7 de xaneiro de 1993: 4. Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 43/SSBUV03" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-43" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-43" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (18 de febreiro de 2010). "STS-43" (en inglés). Consultado o 24 de novembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar