Abrir o menú principal

Georg Schwarzenbeck

futbolista alemán

Hans-Georg "Katsche" Schwarzenbeck (nado o 3 de abril de 1948 en Múnic) é un ex-futbolista xermano. Xogou na Bundesliga dende 1966 ata 1979 disputando un total de 416 encontros coma zagueiro do Bayern Múnic. Gañou seis campionatos xermanos, tres Copas de Alemaña, unha Recopa, e tres Ligas de Campións.

Schwarzenbeck
Hans-Georg Schwarzenbeck.jpg
Información persoal
Nome completo Hans-Georg Schwarzenbeck
Nacemento 3 de abril de 1948
  Múnic
Nacionalidade Alemaña
Altura 183 centímetros
Posición Defensa central
Información de club
Club actual retirado
editar datos en Wikidata ]

Schwarzenbeck xogou 44 veces para a selección de Alemaña Occidental, conseguindo a vitoria no mundial de 1974 e na Eurocopa 1972.

O 15 de maio de 1974 Schwarzenbeck marcou o gol do empate na final da Copa de Europa contra o Atlético de Madrid no derradeiro minuto do período de prolongación. A final repetíuse dous días despois e o Bayern fíxose coa vitoria por 4-0.

Traxectoria:

  • 1966-1979: Bayern Múnic.

Palmarés:

  • Bundesligas: 1969, 1972, 1973, 1974, 1980,
  • Campión de Copa de Alemaña: 1966, 1967, 1969, 1971.
  • Campión de Copa do Mundo de Seleccións: 1974.
  • Campión de Europa de Seleccións: 1972.
  • Copas de Europa: 1974, 1975, 1976.
  • Copa Intercontinental: 1976.
  • Recopa de Europa: 1967.