Georg Baier (en ruso: Георгий Степанович Байер), nado en Kamenka (uezd de Kamyshin, gobernación de Saratov, Imperio Ruso) en 1870/1871 e finado en Novosibirsk (RSFS de Rusia) o 13 de xaneiro de 1938, foi un sacerdote católico latino ruso-alemán.

Infotaula de personaGeorg Baier
Biografía
Nacemento1870 ↔ 1871 Editar o valor em Wikidata
Oblast de Saratov, Rusia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xaneiro de 1938 Editar o valor em Wikidata (58/68 anos)
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónclérigo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en 1870 ou 1871 na colonia alemá de Kamenka, no uezd de Kamyshin da gobernación de Saratov (hoxe no distrito de Krasnoarmeisk, óblast de Saratov).[1][2] Estudou no seminario de Saratov e foi ordenado sacerdote da diocese de Tiraspol en 1897/1898.[1][2] Comezou o seu ministerio como vigairo parroquial en Saratov, e posteriormente foi párroco nesta cidade. Entre 1903 e 1910 foi párroco da Nai de Deus na colonia de Rohleder, a partir de 1910 tamén na colonia de Herzog, e a partir de 1911 en Katharinenstadt, todas na rexión do Volga.[1][2]

O 29 de abril de 1930 foi arrestado nun caso contra sacerdotes católicos alemáns da RASS dos Alemáns do Volga, e o 6 de xuño de 1931 condenado baixo os artigos 58-10 e 58-11 do Código Penal da RSFS de Rusia a tres anos de traballos forzados; a sentenza lle foi conmutada polo exilio en Siberia.[1][2] Posteriormente volveu a Markstadt. Foi arrestado novamente en 1935, e o 20 de abril de 1935 foi sentenciado a 10 anos en campo de traballo baixo os artigos 58-4, 58-10 e 58-11, e foi enviado á provincia de Kemerovo. En 1937 foi arrestado en Novo-Ivanovskoe, e o 25 de decembro de 1937 foi sentenciado a morte. Foi executado o 13 de xaneiro de 1938 na prisión de Novosibirsk.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Чаплицкий (Chaplitskiy, Czaplicki), Бронислав (Bronislav, Bronisław); Осипова (Osipova), Ирина Ивановна (Irina Ivanovna) (2000). Книга памяти: мартиролог Католической церкви в СССР (Kniga pamiati: martirolog Katolicheskoi tserkvi v SSSR) (en ruso). Серебряные нити (Serebrianye niti). p. 15. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Dzwonkowski, Roman (1998). Losy duchowieństwa katolickiego w ZSSR 1917-1939: martyrologium (en polaco). Towarzystwo Naukowe Katolickiego Uniwersytetu Lubelskiego. p. 149. ISBN 9788386668670. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar