Gastón Cellerino

futbolista arxentino

Gastón Andrés Javier Cellerino Grasso, nado en Viedma o 26 de xuño de 1986, é un futbolista arxentino, coñecido como Cellerino. Xoga de dianteiro e o seu club actual é o Rápido de Bouzas.

Modelo:BiografíaGastón Cellerino

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Gastón Andrés Javier Cellerino Grasso Editar o valor en Wikidata
26 de xuño de 1986 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Viedma, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso78 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2007 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Número deportivo9 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2006–2007 Club Deportivo Universidad de San Martín de Porres 13(6)
2008–2008 Club Social de Deportes Rangers de Talca 31(22)
2009–2013 U.S. Livorno 1915 31(2)
2010–2010 cesión   Celta de Vigo 11(1)
2011–2011 cesión   Racing Club 2(0)
2012–2012 cesión Club de Deportes Unión La Calera 24(11)
2013–2015 Club de Deportes Santiago Wanderers 57(17)
2015–2015 New York Cosmos (2010) 10(5)
2015–2016 New York Cosmos 8(1)
2016– Club Bolívar
Cellerino co Rápido de Bouzas.

Traxectoria

editar

Foi formado nas divisións inferiores do Boca Juniors. Xogou porfesionalmente no Deportivo Patagonés do seu país, na Universidad San Martín de Porres do Perú, ademais tivo un paso polo Atenas San Carlos da Segunda División do Uruguai.

O ano 2008 xoga no Rangers da Primeira división chilena. No Torneo de Clausura alcanzou 16 goles en 18 partidos e foi, xunto con Néstor Bareiro, o goleador da fase regular. Só sería superado por Lucas Barrios, quen finalmente sería o goleador do torneo con play-offs.[1] Nun encontro no Estadio Fiscal de Talca ante o Palestino marcou un gol de chilena, que ata o arbitro do encontro, Carlos Chandía, aplaudiu.[2]

O 22 de xaneiro de 2009 a prensa informa o traspado do dianteiro arxentino ao club italiano Lazio, a cambio de algo máis de tres millóns de dólares. Os romanos estarían observándoo desde había dous meses, pero finalmente ficharía polo Livorno da Serie B do Calcio Italiano. Con este equipo conseguiu o ascenso á Serie A. No mercado de inverno de 2010 recala, cedido, no Celta de Vigo ata final de tempada e con opción de compra.

Club País Ano
Deportivo Libertad   Arxentina 1997-2003
Santo Fútbol Club   Arxentina 2004-2005
Deportivo Patagonés   Arxentina 2006
Universidad San Martín   Perú 2007
Atenas   Uruguai 2007
Rangers   Chile 2008
Livorno   Italia 2009-2010
Celta de Vigo   Galicia 2010-presente

Palmarés

editar
Título Club País Ano
Campionato Nacional Universidad San Martín Perú 2007
  1. "Terra.cl - Estatísticas". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2008. Consultado o 10 de maio de 2010. 
  2. Elmercurio.com (ed.). "Se ata o árbitro aplaudiuno". Consultado o 25 de decembro de 2008. [Ligazón morta]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar