Garland, Texas
Coordenadas: 32°54′26″N 96°38′7″O / 32.90722, -96.63528
| |
{{{nome 2}}} | |
---|---|
Información | |
País | ![]() |
Estado | {{{estado}}} |
Superficie • Total • Auga |
148.19 km² (0.23%) 0.34 km² |
Poboación • Total |
226876 ([[2010]]) |
Densidade | 1.530,99 hab./km² |
![]() |
|
{{{sitio web}}} |
Garland é unha cidade localizada no condado de Dallas no estado estadounidense de Texas. No censo de 2010 tiña 226.876 habitantes e era a 87ª cidade máis poblada dos Estados Unidos de América, a 12ª do Estado de Texas.
HistoriaEditar
En 1850, os inmigrantes comezaron a chegar a esta área, pero non foi ata 1874 cando se formou unha comunidade. Nesta época apareceron dúas comunidades chamadas Embree e Duck Creek, que posteriormente se converteron noutra comunidade que lle dá o nome a esta cidade, Garland (Grilanda). En 1920, os traballadores que vivían na cidade financiaron unha planta de xeración eléctrica, Garland Power & Light, que aínda está activa na actualidade. Arredor de 1930 creáronse diversas empresas e na segunda guerra mundial establecéronse varias factorías de avións nesta zona. En 1950 a poboación en Garland superaba os 10.000 habitantes e seguiu medrando ata acadar en 1980 os 138.000 habitantes.
ClimaEditar
Garland forma parte dunha rexión húmida subtropical na que o mes máis quente é xuño (44 °C) e o máis frío xaneiro (-19 °C), e o mes en que hai máis precipitacións é maio.
EconomíaEditar
Ao longo da súa historia, Garland foi crecendo como cidade grazas a distintas empresas e actualmente aínda está activa unha delas, Kraft Foods. Tamén houbo outra empresa moi importante e que aínda hoxe fabrica sombreiros, Resistols Hat.
EducaciónEditar
Garland Independent School District, GISD (Distrito Escolar Independente de Garland) xestiona os colexios e as universidades que hai nesta cidade. Dende novembro do 2006 o GISD tiña 52.391 estudantes e 3.236 profesores, cunha media aproximada de 16 alumnos por profesor.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- City of Garland official website
- Garland Landmark Society
- Garland Civic TheatreArquivado 15 de agosto de 2020 en Wayback Machine.