Gamma 8

Motor foguete do Reino Unido.

O motor foguete Gamma 8 foi un motor desenvolvido polo Reino Unido durante os anos 1960 e que voou por primeira vez en 1969. Consumía peróxido de hidróxeno e queroseno e tiña un impulso específico de 265 segundos, cun pulo de 234,8 KN e unha masa de 342 kg. Medía 1,98 m de diámetro e funcionaba durante 142 segundos. Foi usado como motor da primeira etapa do foguete Black Arrow e no foguete Black Knight. Os Gamma 8 eran fabricados por Bristol Siddley.[1]

Gamma 8
Un motor Gamma 8 en exposición no Museo da Ciencia, en Londres.
País de orixeReino Unido[1]
Primeiro voo1969[1]
FabricanteBristol Siddley
AplicaciónMotor da primeira etapa do Black Arrow[1]
EstadoFóra de produción[1]
Motor de combustible líquido
PropelentePeróxido de hidróxeno[1] / Queroseno[1]
Configuración
Cámara8[1]
Rendemento
Pulo222,4 kN[1]
Taxa de pulo a peso70,01[1]
Presión na cámara47,4 bar[1]
Impulso específico265 s[1]
Isp (nivel do mar)251 s[1]
Tempo de acendido142 segundos[1]
Dimensións
Diámetro1,98 m[1]
Peso seco342 kg[1]
Usado en
Black Arrow

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 Mark Wade (2011). "Gamma 8" (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar