Galo de maiólica de Vasilkiv

O galo de maiólica de Vasilkiv (ucraíno: Півник васильківської майоліки: ) é unha peza decorativa producida na fábrica de maiólica Vasilkiv que foi deseñada por Valerii Protoriev e Nadiia Protorieva. Converteuse nun símbolo da resiliencia durante a invasión rusa de Ucraína de 2022 logo de popularizarse na rede unha fotografía dunha casa bombardeada en Borodianka: malia a destrución case completa da escena, sobre unha lacena, conservárase unha destas figuriñas.[1]

Galo de maiólica de Vasilkiv
TipoPeza cerámica
editar datos en Wikidata ]
Traslado do galo recuperado da cociña dunha vivenda de Borodianka ao Museo do Maidan.

Historia editar

As orixes do galo de maiólica remóntanse ata o século XVIII, cando a cidade de Vasilkiv era un imporante centro de produción oleira de Ucraína. A tradición da produción de maiólica foi levada ata aló por cualificados ceramistas dende Italia e foi mantida e desenvolvida polos artesáns locais. Co tempo, deveu nun símbolo da arte popular ucraína.[2][3]

 
Fotografía do galo de maiólica de Vasilkiv arriba da lacena nunha vivenda bombardeada de Borodianka.

Máis concretamente, a figura do galo foi producida na fábrica de maiólica de Vasilkiv dende principios da década de 1960 ata a de 1980.[4] Gañou grande notoriedade logo de que unha desas pezas fose fotografada sobre unha lacena entre as ruínas dunha vivenda en Borodianka. Persoas e medios de comunicación de Ucraína e de todo o mundo publicaron as imaxes e interesáronse nestas figuras. O armario da cociña foi fotografado por Yelyzaveta Servatynska e a concelleira de Kíiv Victoria Burdukova reparou no galo.[5]

O galo, xunto coa lacena, foi recuperado e exhibido no Museo Nacional da Revolución da Dignidade.[6][7]

Autores editar

O traballo foi erroneamente atribuído a Prokop Bidasiuk, nun primeiro momento.[8]

Serhii Denysenko, artista de xefe da fábrica de maiólica de Vasilkiv, cre que a autoría do galo pertence a Valerii Protoriev e a súa muller Nadiia.[9][4]

Símbolo editar

 
Boris Johnson e Volodymyr Zelenskyi logo de seren agasallados cun galo de maiólica (Kíiv, abril de 2022).

A imaxe do armario de cociña cun galo na cima, converteuse nun símbolo da perseveranza por sobrevivir ao bombardeo. En Internet e nas redes sociais gañou sona un meme que engadía a frase: "Ser tan forte como este armario de cociña".[5] Tamén é visto como un símbolo da resistencia ucraína.[10][11]

O galo foi empregado para decorar os pysanky (os tradicionais ovos de Pascua), por exemplo, o deseñador lituano Laimės Kūdikis colocouno nun.[12]

Durante a visita do Primeiro Ministro do Reino Unido, Boris Johnson a Kíiv o 9 de abril de 2022, tanto el como o Presidente de Ucraína Volodymyr Zelenskyi foron agasallados con galos cerámicos similares.[13][14]

Notas editar

  1. "На вцілілій шафі у Бородянці пізнали не менш героїчного півника. ФОТО | Українська правда _Життя". web.archive.org. 2022-04-09. Archived from the original on 09/04/2022. Consultado o 2023-03-18. 
  2. Kozak, Svitlana, Ukrainian Folk Art: Vasylkiv Maiolica Rooster, Journal of International Women's Studies, vol. 13, no. 2, 2012, pp. 157-168.
  3. Oksana Kharchenko, Traditional Ukrainian Ceramics
  4. 4,0 4,1 "Чи можливо відновити виробництво васильківських півників, одного з яких подарували Борису Джонсону?". Рукотвори. Consultado o 2023-03-18. 
  5. 5,0 5,1 "Історія кухонної шафки з півником: як одне фото з руїн Бородянки стало вірусним". BBC News Україна (en ucraíno). Consultado o 2023-03-18. 
  6. "Кухонна шафка з Бородянки стала надбанням Національного музею Революції Гідності". suspilne.media. 
  7. "Символ стійкості українців – кухонна шафа з керамічним півником із деокупованої Бородянки – відтепер є надбанням музейного фонду України". maidanmuseum.net (en ucraíno). Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2023. Consultado o 2023-03-18. 
  8. "На кухонній шафі, яка вціліла після обстрілів в Бородянці, впізнали керамічного півника з Василькова". Українська правда _Життя. Consultado o 2023-03-18. 
  9. "Півник з кухонної шафки в Бородянці. Як предмет Васильківської майоліки став символом стійкості України та прославився на весь світ". life.nv.ua (en ucraíno). Consultado o 2023-03-18. 
  10. "Вцілілий керамічний півник в Бородянці став символом незламності українського духу". Горинь інфо (en ucraíno). Consultado o 2023-03-18. 
  11. "Gallos de cerámica, el nuevo símbolo de la resistencia ucraniana". La Vanguardia (en castelán). 2022-04-10. Consultado o 2023-03-18. 
  12. "ВЕЛИКОДНІ ПОДАРУНКИ НАШИХ ПОБРАТИМІВ — Телеканал I-UA.tv". i-ua.tv (en ucraíno). 2022-04-23. Consultado o 2023-03-18. 
  13. "“Півник – символ перемоги”: як проста перехожа в Києві завдяки випадковості подарувала Зеленському і Джонсону символічні сувеніри". novynarnia.com (en ucraíno). 2022-04-09. Consultado o 2023-03-18. 
  14. Rachwani, Mostafa (2022-04-10). "Ceramic cockerels surprise Boris Johnson and Volodymyr Zelenskiy on Kyiv walk". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-03-18. 

Véxase tamén editar