Abrir o menú principal

Gallimimus

xénero de réptiles

Gallimimus
Rango fósil: Cretáceo Superior
Esqueleto reconstruído (baseado nun holotipo adulto e nun espécime xuvenil), no Museo de Historia Natural de Londres.
Esqueleto reconstruído (baseado nun holotipo adulto e nun espécime xuvenil), no Museo de Historia Natural de Londres.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Subclase: Diapsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Saurischia
Suborde: Theropoda
Infraorde: Ornithomimosauria
Familia: Ornithomimidae
Xénero: ''Gallimimus''
Osmólska, Roniewics & Barsbold, 1972
Especie
  • Gallimimus bullatus Osmólska, Roniewics & Barsbold, 1972 tipo
Sinonimia

Gallimimus é un xénero de dinosauro terópodo que viviu no que é agora é Mongolia durante o período Cretáceo Tardío, hai 70 millóns de anos. Gallimimus é o meirande ornitomímido coñecido; os adultos roldaban os 6m de longo, 1,9m de alto e podían chegar a pesar uns 440 kg. Como demostra a súa pertenza a Ornithomimus, é probable que tivese plumas. A testa era pequena e lixeira, con grandes ollos dispostos nos lados. O fociño era longo comparado con outros ornitomímidos, aínda que era máis amplo e redondeado na punta que o doutras especies. Gallimimus non tiña dentes, cun peteiro queratinoso e unha delicada mandíbula inferior. Moitas das súas vértebras tiñan cavidades que indican que tiña un neumaticidade (cheas de aire). O pescozo era proporcionalmente longo en comparanza co tronco. As mans eran as máis curtas de entre tódolos ornitomimosauros, e cada unha tiña tres díxitos con gadoupas curvas. As extremidades superiores eran débiles mentres que as inferiores eran proporcionalmente longas.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar