Galiña de Guinea
A galiña de Guinea,[2] ou galiña pintada[2] (Numida meleagris) é unha especie de ave galiforme da familia dos numídidos.[3] É a máis estendida das pintadas; orixinaria de África, foi introducida nas Antillas Menores e no sur de Francia.
Descrición
editarDe até 50 cm de lonxitude, con peteiro medianamente longo, forte e robusto que presenta na súa base unha especie de 'cera' sobre a que se abren as fosas nasais. Cabeza, espida de plumas e que presenta unha coloración branca ou azulada dominante con carúnculas ou excrescencias carnosas de viva cor morada e unha típica protuberancia córnea no alto da cabeza. A plumaxe é gris e negra, con pequenas pintas brancas. Os machos e femias son aparentemente iguais e non poden distinguirse facilmente se non é polo seu comportamento, é dicir, non presenta dimorfismo sexual. Vive de seis a oito anos.
Notas
editar- ↑ BirdLife International. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ 2,0 2,1 VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración. Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ Bernis, F; De Juana, E; Del Hoyo, J; Fernández-Cruz, M; Ferrer, X; Sáez-Royuela, R; Sargatal, J (1994).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Galiña de Guinea |
Bibliografía
editar- Madge e McGowan, Pheasants, Partridges and Grouse 0-7136-3966-0