Galicia en América (A Habana)

Galicia en América foi un periódico galego editado na Habana en 1904.

Galicia en América
Fundación1904
Lingualingua castelá
LocalidadeA Habana
Descrito porEnciclopedia Galega Universal e Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulado Semanario de Ciencias, Artes, Literatura e Información. Defensor de los intereses de los gallegos en América, apareceu o 3 de marzo de 1904[1]. Fundado e dirixido por Eduardo Núñez Sarmiento. Eran os seus redactores Fernando González, Mercedes Vieito Bouza, José María Candia, J. Alegría, Baldomero Moreira, Agustín Martín e Justo Prada Pita. Tiña como obxectivo ser portavoz das comunidades galegas asentadas en América. Tivo curta duración. Volveu aparecer en 1908.

  1. Gaceta de Galicia, 2-4-1904, p. 1.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar