Eduardo Núñez Sarmiento

xornalista español

Eduardo Núñez Sarmiento, nado en Angueira de Castro, parroquia de Ribasar (Rois), o 20 de marzo de 1865 e finado no mesmo lugar o 21 de decembro de 1906, foi un xornalista e escritor galego.

Infotaula de personaEduardo Núñez Sarmiento

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de marzo de 1865 Editar o valor em Wikidata
Rois, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de decembro de 1906 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Rois, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosEduardo Núñez Martínez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Obtivo o título de mestre na Escola Normal de Santiago de Compostela, e ampliou estudos en Madrid e Porto. Chegou á Habana en 1894. Colaborou en El Eco de Galicia do que foi director entre o 6 de xullo e o 5 de outubro de 1901. Participou na guerra colonial defendendo as armas españolas, e chegou a acadar o grao de oficial. Colaborou en varios periódicos editados na Habana e noutras localidades cubanas, utilizando os pseudónimos de "Blanca Azucena de la China", "Tomás Neri", "T. Semirano" ou "Calderilla".

En xullo de 1899 foi nomeado como correspondente do diario de Barcelona Las Noticias. En abril de 1900 foi elixido secretario da xunta directiva da Sociedad Coral Gallega. Na Habana fundou as publicacións: La Región, revista bilingüe de intereses xerais galegos (1895), Galicia en América, decenario bilingüe (1904), El Quijote e El Eco Español. Colaborou en Diario de la Familia, El Hogar, La Unión Constitucional, El Fígaro, El Eco Montañés, La Lealtad e Diario de la Marina. Foi profesor do equipo Concepción Arenal do Centro Gallego.

En abril de 1900 trasladouse a Matanzas para se facer cargo da dirección do xornal El Eco Español. Nos Xogos Florais de Camajuaní (1904) foille concedido o primeiro premio pola poesía "Desde que el hombre nace". En 1905, moi enfermo, regresou a Galicia.

Foi condecorado coa Orde de Isabel a Católica co grao de Cabaleiro e da Orde do Mérito Militar, con distintivo vermello. Foi académico correspondente da Real Academia Galega. O seu fillo, Eduardo Núñez Martínez, tamén foi escritor e xornalista.

Obras editar

  • Constanza, 1895 (poemario en castelán).
  • En las orillas del Esla, 1895 (poemario en castelán).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar