Galego coma ti foi o slogan empregado por Alianza Popular nas primeiras eleccións autonómicas en Galicia (1981), que se fixo rapidamente famoso e que contribuíu á vitoria dese partido nas eleccións[1].

Historia do slogan editar

O partido conservador Alianza Popular, dirixido polo exministro franquista Manuel Fraga, chegaba a aquelas eleccións moi debilitado: en todas as eleccións ás que se presentara fora amplamente derrotado: dúas eleccións xerais (1977 e 1979), unhas eleccións municipais, e as dúas convocatorias autonómicas de Cataluña e o País Vasco. Para a campaña das eleccións autonómicas o partido contratou un politicólogo, Xosé Luís Barreiro Rivas, para que se encargase do márketing político[2].

Segundo o propio Barreiro Rivas, Alianza Popular, o slogan tiña "dous sentidos fundamentais": por unha banda, deixar atrás a visión de Alianza Popular como un partido "cunha perspectiva reactiva contra a Constitución" e pasar a ser "partido comprometido co goberno de Galicia e sen cuestionar ningún" dos marcos legais que había, e por outra, rexeitar a visión paternalista doutras forzas que dicían quen podía e quen non podía ser galego e sinalar que viñan a "imitar o comportamento dos galegos"[1].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "A hexemonía do PP en Galicia (episodio 1)". Carretando. Consultado o 2021-03-25. 
  2. "«Galego coma ti», un lema que aún no fue superado". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-09-11. Consultado o 2021-03-25.