Galeazzo Alessi
Galeazzo Alessi, nado en Perugia en 1512 e finado o 30 de decembro de 1572, foi un arquitecto italiano.
Galeazzo Alessi | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1512 e 1512 |
Lugar de nacemento | Perugia |
Falecemento | 30 de decembro de 1572 |
Lugar de falecemento | Perugia |
Ocupación | arquitecto |
Coñecido por | San Barnaba Church e Basílica de Santa Maria dos Anjos |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria editar
Discípulo de Giambattista Caporali, foi un estudoso entusiasta da arquitectura antiga, e o seu estilo recolleu os seus estudos.
Continúa a súa formación en Roma, onde entra en contacto con Miguelanxo, que o influirá notablemente. En Perugia realiza a igrexa de Santa Maria del Popolo (1547) e o pórtico de Sant’Angelo della Pace (1548). No ano establécese en Xénova invitado polo goberno da República para realizar as fortificacións do porto, ademais constrúe o Palazzo Cambiaso en 1565, Palazzo Lercari-Parodi en 1567, a igrexa de Santa Maria in Carignano (1549-1552) está fortemente inspirada no proxecto de Bramante para a basílica de San Pedro de Roma. A Villa Cambiaso (1548) e a Villa Pallavicino delle Peschiere (1560). Na mesma época traballa en Milán onde realiza o Palazzo Marino (1553-1558) hoxe casa do concello de Milán, a igrexa de Santa Barnaba (1561), a igrexa de San Vittore al Corpo e a fachada de Santa Maria presso San Celso. En Asís, fai o proxecto da igrexa de Santa Maria degli Angeli (1568), modificada en 1832.