Gabriel Piroird
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2019.) |
Gabriel Piroird, nado o 5 de outubro de 1932 en Lión e finado na mesma cidade o 4 de abril de 2019, foi un relixioso católico latino francés, bispo de Constantina e Hipona entre 1983 e 2008.
Gabriel Piroird | |
---|---|
Bispo da Igrexa católica latina | |
Biografía | |
Nacemento | 5 de outubro de 1932 en Lión (Francia) |
Pasamento | 4 de abril de 2019 en Lión (Francia) |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 27 de xuño de 1964 |
Consagración episcopal | 3 de xuño de 1983, por Jean Scotto |
Bispo de Constantina e Hipona | |
1983 - 2008 | |
Predecesor | Jean Scotto |
Sucesor | Paul Desfarges |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
TraxectoriaEditar
Gabriel Piroird foi ordenado sacerdote do Instituto do Prado o 27 de xuño de 1964. Logo de estar en contacto durante varios anos coa inmigración alxeriana en Lión, foi enviado a Alxeria como párroco de Bixaia, na diocese de Constantina, ao mesmo tempo que traballaba como enxeñeiro na dirección de hidráulica da vilaia.
O 25 de marzo de 1983 foi nomeado bispo de Constantina e Hipona. Recibiu a consagración episcopal o 3 de xuño de mans do seu predecesor, o bispo Jean-Baptiste Scotto.
Retirouse o 21 de novembro de 2008 e, como bispo emérito, exerceu como capelán das Pequenas Irmás dos Pobres. Finou o 4 de abril de 2019.
ObraEditar
- Servir l'œuvre de Dieu en Algérie [Servir á obra de Deus en Alxeria]. Parole Et Silence. 2009.