GTR
GTR foi un supergrupo inglés fundado en 1985 polo antigo guitarrista de Yes e Asia Steve Howe e polo antigo guitarrista de Genesis Steve Hackett. Aínda que os líderes do grupo eran coñecidos como músicos de rock progresivo, GTR chamou a atención das emisoras de radio de rock orientado a álbums (AOR). A banda durou pouco máis dun ano e publicou un único álbum de estudio. Hackett posteriormente criticou o proxecto, aínda que non necesariamente aos outros músicos implicados nel.
GTR | |
---|---|
Orixe | Westminster, Londres, Inglaterra |
Período | 1985 - 1987 |
Xénero(s) | rock progresivo |
Selo(s) discográfico(s) | Arista, King Biscuit |
Antigos membros | Max Bacon Steve Hackett Steve Howe Jonathan Mover Phil Spalding Matt Clifford Robert Berry Nigel Glockler |
Na rede | |
O nome da banda procede dunha abreviación de "guitar" usada nos estudios de gravación para etiquetar as pistas de guitarra.[1]
Discografía
editarÁlbums
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
GTR | 1986 | Arista Records |
Notas
editar- ↑ "GTR - Steve Howe and Steve Hackett - Guitar Magazine - August 1986". www.joness.com. Consultado o 2022-12-19.