GSLV

Foguete espacial da India.


GSLV (acrónimo de Geostationary Launch Vehicle ou Geosynchronous Satellite Launch Vehicle) é un modelo de foguete pertencente á axencia espacial india, a ISRO.[1][2]

GSLV (Geostationary Launch Vehicle)
Logo
FunciónLanzador espacial de capacidade media
fabricanteISRO
país de orixeIndia
Tamaño
altura49,0 m[1]
diámetro2,80 m[1]
masa402.000 kg[1]
Etapas3[1]
Carga LEO
masa5000 kg[1]
Carga GEO
masa2500 kg[1]
Lanzamento históricos
EstadoEn servizo[1][2][3]
SitiosSatish Dhawan[1]
Total de lanzamentos7[2]
exitosos2[2]
fallos3[2]
Fallos parciais2[2]
Voo inaugural20 de abril de 2001[2]
Acelerarores – L-40[2]
altura19,70 m[3]
diámetro2,10 m[3]
masa baleiro5600 kg[3]
masa cheo45.600 kg[3]
impulsado por1 Vikas[3]
potencia máxima735 kN[3]
Impulso específico281 s[3]
propelenteUDMH e tetróxido de nitróxeno[3]
Primeira etapa – GS-1[1][2][4]
altura20,34 m[4]
diámetro2,80 m[4]
masa baleiro28.300 kg[4]
masa cheo157.300 kg[4]
impulsado por1 S-125[4]
potencia máxima4860,07 kN[4]
Impulso específico266 s[4]
propelentePropelente sólido[4]
Segunda etapa – GS-2 / L-37.5[1][2][5]
altura11,60 m[5]
diámetro2,80 m[5]
masa baleiro5400 kg[5]
masa cheo42.900 kg[5]
impulsado por1 Vikas[5]
potencia máxima725,02 kN[5]
Impulso específico295 s[5]
propelenteN2O4/UDMH[5]
Terceira etapa – GS-3 / C-12[1][2][6]
altura8,72 m[6]
diámetro2,80 m[6]
masa baleiro2200 kg[6]
masa cheo14.600 kg[6]
impulsado por1 KVD-1M[6]
potencia máxima75,05 kN[6]
Impulso específico460 s[6]
propelenteLOX/LH2[1]
editar datos en Wikidata ]

Características editar

O GSLV, derivado en parte do PSLV, é un foguete indio cunha arquitectura infrecuente na que se alternan etapas que consomen propelente líquido con etapas que usan propelente sólido. A primeira etapa é de propelente sólido, rodeada por catro aceleradores de propelente líquido que consomen UDMH e tetróxido de nitróxeno. A segunda etapa é de propelente líquido, consumindo o mesmo que os aceleradores da primeira, mentres que a terceira e última etapa usa propelentes crioxénicos, hidróxeno e osíxeno líquidos. Tódalas etapas de propelente líquido, excepto a terceira, usan motores Vikas, que non é máis que unha versión dos motores Viking dos foguetes Ariane fabricados baixo licenza.[1]

A cofia, de 3,4 m de diámetro e 7,8 m de alto, está feita dunha aliaxe de aluminio. O GSLV estabilízase nos tres eixos mediante un sistema de control autónomo en cada etapa. As tobeiras dos aceleradores da primeira etapa poden moverse mediante cardáns para modificar a traxectoria do foguete. A segunda etapa usa unha combinación de movemento da tobeira mediante un cardán cun sistema de control a reacción mediante gas para o control da traxectoria. Finalmente, a terceira etapa usa pequenos motores para controlar a orientación durante a fase propulsada, mentres que usa un sistema de gas frío para os momentos nos que non hai propulsión.[1]

A versión básica foi substituído polo GSLV Mk.2, que ten a diferenza de usar o motor CE7.5, de construción india, na terceira etapa.[7]

Historial de lanzamentos editar

Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
20 de abril de 2001 Satish Dhawan GSat 1 Fallo parcial Primeiro voo. A terceira etapa apagouse 10 segundos antes de previsto.
8 de maio de 2003 Satish Dhawan GSat 2 Éxito
20 de setembro de 2004 Satish Dhawan GSat 3 Éxito
10 de xullo de 2006 Satish Dhawan Insat 4C Fallo Fallo dun dos aceleradores da primeira etapa, desviando a traxectoria do foguete.
2 de setembro de 2007 Satish Dhawan Insat 4CR Fallo parcial A última etapa sufriu un problema de rendemento, deixando o satélite nunha órbita máis baixa do planeado.
25 de abril de 2010 Satish Dhawan GSat 4 Fallo Fallo da última etapa.
25 de decembro de 2010 Satish Dhawan GSat 5P Fallo Perda de control do foguete aos 47 segundos do lanzamento, desintegrándose aos 53 segundos.
29 de marzo de 2018 Satish Dhawan GSat 6A Éxito Primeiro lanzamento da versión Mk.2.
14 de novembro de 2018 Satish Dhawan GSat 29 Éxito Variante Mk.3.
19 de decembro de 2018 Satish Dhawan GSat 7A Éxito Variante Mk.2.
22 de xullo de 2019 Satish Dhawan Chandrayaan 2 / Vikram Éxito Variante Mk.3.
11 de agosto de 2021 Satish Dhawan GISAT 1 Fallo Variante Mk.2. Fallo na última etapa.
22 de outubro de 2022 Satish Dhawan OneWeb L14-1 a L14-36 Éxito Variante Mk.3.
26 de marzo de 2023 Satish Dhawan OneWeb L18-1 a L18-36 Éxito Variante Mk.3.
29 de maio de 2023 Satish Dhawan IRNSS 1J Éxito Variante Mk.2.
14 de xullo de 2023 Satish Dhawan Chandrayaan 3 / Vikram 2 Éxito Variante Mk.3.
17 de febreiro de 2024 Satish Dhawan Insat 3DS Éxito Variante Mk.2.

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 Mark Wade (2011). "GSLV" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "GSLV" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Mark Wade (2011). "GSLV-0" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2013. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Mark Wade (2011). "GSLV-1" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 5,8 Mark Wade (2011). "GSLV-2" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "GSLV-3" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2013. 
  7. Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "GSLV Mk.2(2)" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar