Gravity Recovery and Interior Laboratory

Misión espacial luar da NASA.
(Redirección desde «GRAIL B»)

GRAIL (acrónimo de Gravity Recovery And Interior Laboratory) foi unha misión composta por dous satélites artificiais da NASA, lanzados o 10 de setembro de 2011 mediante un foguete Delta 7920H desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[3][4][8][9]

GRAIL / Gravity Recovery and Interior Laboratory
Representación artística das naves GRAIL
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento10 de setembro de 2011, 13:08 GMT[1][2][3][4][5][6][7]
Foguete portadorDelta 7920H[3][4][8]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 17B[3][4][9]
Obxectivo da misiónMedición do campo gravitatorio lunar.[3][3][4][4][9]
NSSDC ID2011-046A
Masa132,6 kg cada nave[3][4][8][9]

Características editar

GRAIL estaba composto por dous satélites, denominados GRAIL A e GRAIL B e máis tarde bautizados como Ebb e Flow. A súa misión era determinar, por medio da medición precisa da distancia entre as dúas naves mentres estaban en órbita e por tanto das variacións do campo gravitatorio, a estrutura do interior lunar, investigar evolución térmica da Lúa, cartografar a estrutura da codia e a litosfera, estudar a estrutura das cuncas de impacto e a orixe dos mascons, determinar a evolución temporal da codia e o vulcanismo luares e determinar os límites do núcleo lunar. GRAIL é herdeira da misión GRACE, que estudou as variacións do campo gravitatorio terrestre.[3][4]

As naves foron construídas por Lockheed Martin usando o bus XSS-11 e instrumentos derivados dos da misión GRACE. Tiñan forma de prisma rectangular e unhas masas baleiras de 132,6 kg (202,4 kg cheas de propelente). A enerxía era proporcionada por dous paneis soares que alimentaban unha batería de ión litio e a propulsión corría a cargo dun motor de 22 N de pulo. As manobras máis sutiles tiñan lugar usando un propulsor de gas frío e tres volantes de inercia. O guiado e o control de actitude usaban un sensor solar, un sensor estelar e unha unidade inercial. As naves comunicábanse coa Terra na banda S, mentres que para a determinación da distancia entre elas usaban un sistema en banda Ka denominado LGRS (Lunar Gravity Ranging System). Ademais, levaban con varias cámaras denominadas MoonKam con obxectivos educativos.[3][4]

 
Mapa do espesor da codia lunar obtido polas naves GRAIL.

Desenvolvemente da misión editar

Ámbalas dúas naves engalaron no mesmo foguete o 10 de setembro de 2011 e inxectadas nunha órbita de baixa enerxía a través do punto de Lagrange Terra-Sol L1 que as levou á Lúa en 3,5 meses. Ao final da súa viaxe, as naves aproximáronse á Lúa polo polo sur cun día de diferenza, acendendo os seus motores durante unha hora para entrar nunha órbita lunar elíptica, de 8 horas de período. Tras varias manobras as naves quedaron na súa órbita de traballo, de 50 km de altura, cun período de 113 minutos e cunha distancia entre naves variable entre 175 e 225 km.[3][4][8]

Durante a misión principal, que se completou o 29 de maio de 2012, as naves foron baixando a súa órbita ata unha distancia mínima de 25 x 86 km. Ao final da misión principal se lles ordenou apagar os seus instrumentos. Tras decidir estender a misión, o control de terra ordenou acender os instrumentos de novo o 30 de agosto, baixando a órbita ata só 23 km sobre a superficie lunar. Ao final da misión estendida, e debido á imposibilidade dunha segunda extensión polo esgotamento do propelente, as naves foron dirixidas para impactar sobre a superficie o 17 de decembro de 2012.[3][4][8]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "GRAIL A" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  2. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "GRAIL B" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 NASA (14 de maio de 2012). "Gravity Recovery And Interior Laboratory-A (GRAIL)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 NASA (14 de maio de 2012). "Gravity Recovery And Interior Laboratory-B (GRAIL)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  5. "Note verbale dated 14 November 2011 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (11-87980): 4. 12 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de abril de 2014. Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  6. Claude Lafleur (2010). "GRAIL-A" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  7. Claude Lafleur (2010). "GRAIL B" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "GRAIL A, B (Discovery 11, Ebb, Flow)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Mark Wade (2011). "Grail" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar