Göran Therborn
Göran Therborn, nado o 23 de setembro de 1941 en Kalmar (Suecia), é un sociólogo marxista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1941 (82 anos) Kalmar, Suecia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suecia |
Educación | Universidade de Lund |
Actividade | |
Ocupación | sociólogo , profesor universitario |
Empregador | Universidade Radboud de Nimega (pt) (1982–1988) Universidade de Lund Universidade de Uppsala Universidade de Gotemburgo Universidade de Cambridge |
Lingua | Lingua sueca |
Premios
| |
Traxectoria
editarFormado na Universidade de Lund (Suecia), é profesor da Universidade de Cambridge, ten publicado varias obras sobre a dominación dunha clase sobre outra a través das estruturas estatais, así como diversos artigos na New Left Review.
Pensamento
editarO Estado expresa un determinado conxunto de relacións de clase tanto na súa organización administrativa como na súa forma de representación gobernamental. O Estado manifesta as relacións sociais e contribúe a súa reprodución. A mecánica da reprodución está constituída por mecanismos económicos, políticos e ideolóxicos, como poden ser a coacción económica, a violencia e a excomuñón ideolóxica. Existen ademais nesa dirección formatos de representación como as institucións e os partidos e procesos de mediación que non se reducen á represión e entre os que cabe mencionar a cooptación, a través da lexitimación ideolóxica ou a configuración de obxectivos atractivos como o pleno emprego e o desenvolvemento económico.
Therborn afástase de Lenin pois non comparte que o Estado socialista sexa a sociedade comunista sen clases. Na sociedade socialista o proletariado segue subordinado aos coñecementos burocráticos e tecnolóxicos que son necesarios para a defensa contra o inimigo burgués do interior e do exterior. Isto esixe unha organización de cadros no Estado e na economía que pode chegar a bloquear a chegada do comunismo e da igualdade e a democracia reais. Así reprodúcese a distinción entre cadros e traballadores, entre vangarda e masas. Esta é a causa do avellentamento dos países socialistas que están avocados ao desxeo ou ao estoupido. De todos maneiras, para Therborn a superación do capitalismo era irreversible.
Obras
editar- The Ideology of Power e the Power of Ideology
- From Marxim to Postmarxim
- What does the ruling class do when it rules
- The Killing Fields of Inequality (2013)