Gómez García
Gómez García ou Gómez García de Toledo foi un clérigo e trobador castelán do século XIII.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() Toledo, España ![]() |
Morte | 29 de xullo de 1286 ![]() Toledo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | trobador, relixioso ![]() |
Traxectoria
editarNaceu en Toledo e pertence á familia dos Sotomayor. Sábese que tivo, polo menos, dous irmáns (Alfonso García e María García).[2] Ocupou os cargos de privado do infante Sancho, abade de Valladolid e notario do reino de León. Tomou parte a favor de Sancho IV nas súas disputas co seu pai Afonso X en 1282 até o falecemento do monarca, momento no que se coroa definitivamente a Sancho IV, alcanzando o seu maior poder político até ser considerado como o auténtico privado do rei por estudosos como Mercedes Gaibrois.[1] Gómez García tamén foi proposto para ser bispo de Mondoñedo en 1286, época na que parece que xa non gozaba de tanta confianza por parte do rei. Falece en xullo dese mesmo ano.[3]
Obra
editarConsérvanse dúas cantigas de amor recollidas tanto no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa como no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana.[4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Gómez García de Toledo | Real Academia de la Historia". Consultado o 2021-03-18.
- ↑ "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-03-18.
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-03-18.
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-03-18.