Concello de Gällivare

(Redirixido desde «Gällivare (municipio)»)
Concello de Gällivare
Gällivare kommun
Gällivare kommunhus 2.jpg
Casa do concello
Gällivare vapen.svg
Escudo
País Suecia Suecia
Landskap Lappland
Condado Norrbotten
Capital Gällivare
Área e poboación
Poboación 17 468 habitantes
Censo 2022
Área 16 818,78 km²
Densidade 1,11 hab./km²
Mapa
Gällivare Municipality in Norrbotten County.png
Outros datos
Web gellivare.se

Gällivare é un municipio sueco (kommun) do condado de Norrbotten.[1] Atópase no landskap de Lappland e a súa capital é Gällivare.

O concello está situado xusto ao norte do círculo polar ártico. A parte occidental está formada por áreas montañosas e a sur por bosques e marismas. Os ríos Linaälven e Luleälven, onde están dúas das centrais hidroheléctricas máis grandes do país, atravesan o concello. Dous dos parques nacionais de Suecia atópanse no municipio, e existen ricos recursos minerais. Isto levou á construción de minas en Aitik e Malmberget, que continúan empregando a unha parte importante da poboación.

Hai catro pobos saami é unha parte dos seus habitantes foron historicamente, e ata certo punto seguen sendo, falantes de finés, meänkieli ou linguas saami. Ao dialecto finés falado no municipio de Gällivare chámaselle gällivarefinska.

NomeEditar

Gällivare é unha suedificación do nome da lingua saami de Lule Jiellevárre. Jielle- significa 'apertura, brecha' e pode referirse a un val alongado na montaña Malmberget.[2]

NotasEditar

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-12. 
  2. Svenskt ortnamnslexikon : utarbetat inom Språk- och folkminnesinstitutet och Institutionen för nordiska språk vid Uppsala universitet. Uppsala: Språk- och folkminnesinstitutet. 2003. ISBN 91-7229-020-X. OCLC 56599861.