Lingua saami de Lule
Lingua urálica
A lingua saami de Lule (Julevsámegiella) é unha lingua urálica falada aproximadamente por 1.000-2.000 persoas en Noruega e Suecia, estandarizada dende 1983. Trátase dunha lingua saami falada principalmente na zonas da ribeira do río Lule, en Suecia, e no norte do condado noruegués de Nordland, sobre todo no concello de Tysfjord, onde o saami de Lule é lingua oficial. Por número de falantes é a segunda lingua saami despois do saami setentrional, mais nos últimos anos rexistrouse un importante descenso de falantes nativos, sobre todo nas xeracións máis novas.
Lingua saami de Lule Julevsámegiella | ||
---|---|---|
Falado en: | Noruega e Suecia | |
Rexións: | Laponia | |
Total de falantes: | 1.000–2.000 falantes (2007)[1] | |
Familia: | Linguas urálicas Linguas saamis Linguas saamis occidentais Lingua saami de Lule | |
Escrita: | Latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Lingua minoritaria recoñecida en Suecia, Noruega[2] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | smj | |
ISO 639-3: | smj
| |
Mapa | ||
Status | ||
Notas
editar- ↑ Informe do Ethnologue para o saami de Lule
- ↑ Consello europeo (ed.). "To which languages does the Charter apply?". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 21 de decembro de 2014.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
editarVexa a proba da Wikipedia en Lingua saami de Lule |