Concello de Kiruna
Kiruna é un municipio sueco (kommun) do condado de Norrbotten.[1] A súa capital é a cidade de Kiruna. É o concello máis setentrional e o de maior superficie de Suecia.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | Condado de Norrbotten | ||||
Capital | Kiruna | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 22.395 (2024) (1,09 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua sueca lingua finesa meänkieli linguas saamis | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 20.553,28 km² | ||||
Punto máis alto | Kebnekaise (2.096,8 m) | ||||
Comparte fronteira con | Narvik Municipality (en) Concello de Pajala Gällivare (municipio) Storfjord (pt) Bardu (pt) Målselv (pt) Enontekiö | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Kiruna Municipality, Sweden (en) | Wigert Karlsson (en) (1971–1978) Rolf Dahlström (en) (1979–1982) Gunnar Pettersson (en) (1983–1988) Lars Essling (en) (1989–1993) Bengt Ek (en) (1994–1994) Lars Törnman (1995–2003) Q122851195 (2004–2010) Kristina Zakrisson (en) (2011–2018) Gunnar Selberg (en) (2019–2022) | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | kiruna.se | ||||
O leste do municipio está formado po unha paisaxe boscosa, mentres que a parte occidental consiste nunha zona de alta montaña. Ao redor da capital hai rocas con minerais que son a base da economía local pero tamén a causa da transformación urbana da cidade.
Dende a fundación do municipio en 1971 a tendencia de poboación sempre foi negativa, coa excepción da primeira metade dos anos 70 e posteriormente anos soltos. Os socialdemócratas dominaron a vida política do concello ata as eleccións de 2018 e tamén foron parte da meirande parte das coalicións de goberno durante a década de 2000. No mandato de 2018 a 2022 o concello está gobernado por unha coalición integrada polos partidos Centerpartiet, Sjukvårdspartiet, Moderaterna e Kristdemokraterna.
Historia
editarOs restos arqueolóxicos mostran que as primeiras persoas chegaron á zona hai uns 6 000 anos, cando se retirou a capa de xeo da última glaciación.[2]
No ano 1642 atopouse magnetita en Masugnsbyn, onde se abriu a primeira mina de ferro en 1647, e a onde chegaron os primeiros poboadores que non eran saami.[2] A mena de Svappavaara atopouse a finais da década de 1640 ou a principios da de 1650. A primeira mostra de mineral coñecida de Malmberget data da década de 1660, e en 1696 menciónanse por vez primeira as montañas Kiirunavaara e Luossavaara.
A comunidade de Kiruna comezou a medrar a finais do século XIX. Kiruna está na parroquia de Jukkasjärvi, que dende tempos inmemoriais foi fogar dos saami. Durante os séculos XVI e XVII estes dividíronse nas aldeas saami (sameby) de Siggevaara e Tingevaara, pero durante o século XVIII estas dividíronse en catro novos: Siggevaara converteuse en Laevas (Kaalasvuoma) e Gabna (Rautusvuoma), mentres que Tingevaara pasou a ser as aldeas saami de Talma e Saarivuoma. A zona recibiu aos seus primeiros poboadores fino-suecos do Val de Torne (tornedalska) durante a primeira metade do século XVII.
A poboación do municipio era pequena ata que se iniciou a minería a grande escala nos últimos anos do século XIX. A mediados da década de 1880 comezaron as primeiras perforacións de proba en Kirunavaara.[2]
Dende finais do século XVII sabíase que a zona era rica en menas de ferro, pero non sería ata a década de 1890 cando os métodos de minería perminiron a explotación a grande escala. Isto axudou á chegada de moita xente á comunidade. No ano 1902 completouse a liña ferroviaria de Malmbanan entre Kiruna e Narvik, o que facilitou enormemente a exportación de mineral. A liña Malmbanan foi inaugurada oficialmente polo rei Óscar II o 14 de xullo de 1903.[3] A liña electrificouse en 1915.
Notas
editar- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-07.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Historia". kiruna.se (en sueco). Consultado o 2022-08-08.
- ↑ Norrländsk uppslagsbok : ett uppslagsverk på vetenskaplig grund om den norrländska regionen. Höganäs: Bokförlaget Bra Böcker. ©1993-©1996. ISBN 91-972484-1-X. OCLC 28547897.