Fun Home: Unha Familia Traxicómica (en inglés: Fun Home: A Family Tragicomic) é unha novela gráfica autobiográfica da debuxante estadounidense Alison Bechdel. Publicouse en 2006 e narra a súa infancia e xuventude na Pensilvania rural, centrándose na súa complexa relación co seu pai. A obra tamén trata temas como a orientación sexual, os roles de xénero, o suicidio, o abuso emocional, a vida disfuncional dunha familia e o papel da literatura na comprensión dun mesmo e da familia propia. Escribir e ilustrar Fun Home levoulle a Bechdel sete anos, principalmente por mor do seu laborioso proceso artístico, xa que se fotografou a ela mesma en diferentes posicións para cada unha das figuras humanas.[2]

Fun Home: Unha Familia Traxicómica
Título orixinalFun Home: A Family Tragicomic
Autor/aAlison Bechdel
OrixeEstados Unidos de América
LinguaInglés
ColecciónNovela gráfica
Tema(s)Autobiografía
Xénero(s)novela gráfica, gay comics e autobiographical comics
Editorial Houghton Mifflin Harcourt
Galicia Rinoceronte[1]
Data de pub. 2006
Galicia 2018
Páxinas240
ISBNISBN 978-84-17388-03-4
Seguido porAre You My Mother?
TraduciónBelén Poutón Reboredo
editar datos en Wikidata ]

En 2018 foi traducida ao galego por Belén Poutón Reboredo e publicada pola editorial Rinoceronte.[3].

Notas editar

  1. rinoceronte.gal (ed.). "Fun Home: Unha Familia Traxicómica". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2019. Consultado o 24 de marzo de 2019. 
  2. "OCD". 
  3. culturagalega.gal (ed.). "Rinoceronte editora lanza en galego Fun Home de Alison Bechdel". Consultado o 24 de marzo de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar