Fuga de cerebros

filme de 2009 dirixido por Fernando González Molina

Fuga de cerebros é un filme español de 2009 dirixido por Fernando González Molina e protagonizado por Mario Casas e Amaia Salamanca. Producido por Antena 3 Films xunto con Cangrejo Films e estreado o 24 de abril, o filme rodouse entre Madrid e Xixón. Foi o filme máis visto de España durante ese ano, o cal motivou unha secuela, Fuga de cerebros 2 (2011). En 2013, fíxose unha versión italiana do filme, co título Fuga di Cervelli, dirixida por Paolo Ruffini.

Fuga de cerebros
Ficha técnica
Título orixinalFuga de cerebros
DirectorFernando González Molina
ProdutorDaniel Écija
Mercedes Gamero
GuiónCurro Velázquez
Álex Pina
IntérpretesAmaia Salamanca
Mario Casas
Alberto Amarilla
Canco Rodríguez
Gorka Lasaosa
Pablo Penedo
Simon Cohen
Álex Angulo
David Fernández Ortiz
Loles León
José Luis Gil
Mariano Peña
Antonio Resines
Blanca Suárez
MúsicaManel Santisteban
FotografíaSergio Delgado
MontaxeIrene Blecua
EstudioAntena 3 Films
Cangrejo Films
Estrea2009
Duración104 minutos
OrixeEspaña España
Recadación6.863.216,54
Filme seguinteFuga de cerebros 2 (2011)
Na rede
http://www.fugadecerebros.com:80/
IMDB: tt1272013 Filmaffinity: 736154 Allocine: 147903 Allmovie: v487702 TCM: 775218 Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

O tímido e zoupón Emilio (Mario Casas) está namorado de Natalia (Amaia Salamanca) dende que os dous eran cativos. Xusto no intre no que ten pensado declararlle o seu amor, ela anúncialle que lle concederon unha bolsa para estudar en Oxford. Aflixido, o rapaz é convencido polos seus amigos para matricularse na mesma universidade, falsificando bolsas e diplomas, co fin de conquistala. Desta maneira, os seus amigos Corneto (Pablo Penedo), o cego Chuli (Alberto Amarilla), o xitano Cabra (Canco Rodríguez) e o paralítico heavy Ruedas (Gorka Lasaosa) decidan acompañalo.

Personaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar