Fritz von Wettstein

botánico austríaco
(Redirección desde «Friedrich von Wettstein»)

Fritz von Wettstein, tamén coñecido como Friedrich Wettstein e Ritter von Westersheim, nado o 24 de xuño de 1895 en Praga, e finado o 12 de febreiro de 1945 en Trins, foi un botánico, taxónomo e xenetista austríaco.

Infotaula de personaFritz von Wettstein
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1895 Editar o valor em Wikidata
Praga Editar o valor em Wikidata
Morte12 de febreiro de 1945 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Trins, Austria Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Austrohúngaro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica, Brioloxía e Fisioloxía vexetal Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Múnic
Berlín
Imperio Austrohúngaro Editar o valor em Wikidata
OcupaciónPrivatdozent (1923–1925), profesor universitario , micólogo , briólogo (pt) Traducir , xenetista , botánico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorSociedade Kaiser Wilhelm (1934–)
Universidade de Frederico-Guilherme (pt) Traducir (1934–1945)
Universidade de Múnic (1931–1934)
Universidade de Gotinga (1925–1931) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaF.Wettst. Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosUdda Lundqvist (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiRichard von Wettstein Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Carreira científica editar

Fritz Wettstein era fillo do tamén botánico Richard von Wettstein. De 1925 a 1931 foi profesor na Universidade de Gotinga, e de 1931 a 1934 na de Múnic. En 1934 foi o director do Instituto Kaiser Wilhelm de bioloxía, situada en Berlin-Dahlem, un barrio de Berlín. (Esta institución foi suprimida en 145).

Wettstein fixo unha importante contribución á ciencia botánica e á xenética. Traballou especialmente na herdanza citoplasmática en musgos e algas. Seguindo a Erwin Baur no Instituto Kaiser Wilhelm , investigou híbridos e poliploides de musgos e avanzou na comprensión das relacións e características das formas poliploides.[1]

Política editar

Wettstein foi acremente criticado porque, en conferencias científicas internacionais antes da segunda guerra mundial, defendeu as ideas raciais do nazismo.[2]

Algunhas obras editar

  • Morphologie und Physiologie des Formwechsels der Moose auf genetischer Grundlage (1924).
  • Über plasmatische Vererbung sowie Plasma-und Genwirkung (1930).
  • Genetik (1932).
  • Karl von Goebel (1933).

Abreviatura editar

A abreviatura F.Wettst. empréganse cara recoñecer a Fritz von Wettstein como autoridade da descrición e taxonomía en botánica[3]

Notas editar