Friedrich Traugott Kützing
Friedrich Traugott Kützing, nado o 8 de decembro de 1807 en Ritteburg, e finado o 9 de setembro de 1892 en Nordhausen, foi un farmacéutico e botánico alemán, especializado en ficoloxía.
Friedrich Traugott Kützing | |
---|---|
Nacemento | 8 de decembro de 1807 |
Lugar de nacemento | Ritteburg, Turinxia |
Falecemento | 9 de setembro de 1892 |
Lugar de falecemento | Nordhausen, Turinxia |
Soterrado | en Nordhausen |
Nacionalidade | alemá |
Ocupación | botánico |
Profesión | farmacéutico, botánico, profesor |
Premios | Membro da Leopoldina |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
De mozo, traballou en varias farmacias en Alemaña, servindo tamén como axudante durante algúns semestres no instituto químico-farmacéutico de Franz Wilhelm Schweigger-Seidel en Halle. Despois estudou historia natural. Realizou expedicións florísticas no litoral de Dalmacia e Italia, e nos Alpes.
A pesar da súa escasa experiencia no que se refire á educación superior, Kützing fixo importantes contribucións científicas. En 1833 demostrou as diferenzas entre as diatomeas e desmidiales, separando así os dous grupos en familias propias.[1] Ademais, independentemente de Charles Cagniard-Latour e Theodor Schwann, foi un dos primeiros en dar respostas completas en relación aos lévedos e ao papel que xogan nas fermentacións.[2]
En 1838 era docente de ciencias naturais no colexio de Nordhausen. En 1837 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Giessen e en 1843 recibiu o título de profesor. Nese mesmo ano fixo oposicións e gañou a cátedra de profesor de Botánica, permanecendo nese posto até a súa xubilación, en 1883.
En 1849 publicou Species Algarum, un amplo traballo no que fixo as descricións de 6 000 especies de algas.[3]
EpónimosEditar
Os xéneros de algas Kuetzingia Sonder, Kuetzingiella Kornmann e Kuetzingina Kuntze foron así nomeados na súa honra.
AbreviaturaEditar
A abreviatura Kütz. emprégase para recoñecer a Friedrich Traugott Kützing como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[4]
NotasEditar
- ↑ 6. Diatoms as siliceous and two-shelled cells Marginalia nº 1. en diatom.org (en inglés).
- ↑ Early Research on Fermentation (en inglés).
- ↑ Pharmazeutische Zeitung Friedrich Traugott Kützing, Apotheker und bedeutender Botaniker.
- ↑ Kütz. – Friedrich Traugott Kützing (1807-1893) no IPNI.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Friedrich Traugott Kützing |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Friedrich Traugott Kützing |
BibliografíaEditar
- George Papenfuss: "Kützing, Friedrich Traugott", no Dictionary of Scientific Biography, Tomo 6, pp. 533–534.