Franz Wilhelm Abt, nado o 22 de decembro de 1819 e finado o 31 de marzo de 1885[1] foi un compositor e director coral alemán.[2] Compuxo arredor de 3000 obras, a maioría de música vocal. Moitas das súas cancións cantáronse universalmente no seu tempo, e lograron un lugar no repertorio popular, facéndoo del un recoñecido director coral e pasando boa parte dos seus últimos trinta anos de vida como director convidado de coros en Europa e nos Estados Unidos.

Infotaula de personaFranz Abt

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1819 Editar o valor em Wikidata
Eilenburg (Confederación Xermánica) Editar o valor em Wikidata
Morte31 de marzo de 1885 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Wiesbaden (Imperio Alemán) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaNordfriedhof (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de orquestra
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Saxonia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Leipzig
Thomasschule zu Leipzig (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , director de coro , director de orquestra , poeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoChoir work (en) Traducir, daljáték (en) Traducir e canción Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: d8d76372-0f17-4b36-9648-20317e3a6948 Discogs: 1396711 IMSLP: Category:Abt,_Franz Editar o valor em Wikidata
Retrato de Franz Abt, da portada dunha edición das súas cancións

Traxectoria editar

Abt naceu en Eilenburg na Saxonia prusiana, fillo dun pastor protestante e pianista de talento, quen lle deu as primeiras leccións musicais. Máis tarde estudou teoloxía e música na Thomasschule Leipzig e na Universidade de Leipzig e fixo amizade con Albert Lortzing, Felix Mendelssohn e Robert Schumann.[3]

Despois de morrer seu pai en 1837, Abt deixou os seus estudos teolóxicos para se centrar enteiramente na música, comezando a compoñer e publicar música, na súa maior parte obras para piano pensadas para a súa interpretación nos salóns de Leipzig. En 1841 Abt converteuse en kapellmeister en Bernburg e pouco despois en Zúric, converténdose en inmensamente popular, frecuentemente dirixindo composicións propias e dirixindo case todos os coros da cidade. En 1852 Abt volveu a Alemaña para se converter en director do teatro da corte en Braunschweig, posición que ocupou ata 1882.[3]. Ao tempo seguía a dirixir coros, así en 1855 nomeárono director da Hofkapelle e dirixiu numerosos coros como director convidado por toda Europa, desenvolvendo unha reputación internacional, e en 1872 realizou unha xira polos Estados Unidos. En 1882 debido a súa febril actividade caeu enfermo, retirándose a Wiesbaden, onde morreu en 1885.[3]

Música editar

Abt conta cun repertorio de máis de 600 números opus, que abranguen máis de tres mil cancións; foi especialmente prolífico na escrita de cancións para coros masculinos, xa que consideraba que carecían dun repertorio variado, malia iso compuxo tamén numerosas obras para voz solo e mesmo cancións para nenos. Por mor do seu estilo melódico e simple algunhas das súas cancións, como Wenn die Schwalben heimwärts ziehn, canción que foi enormemente popular [4], ou Die stille Wasserrose son facilmente confundidas con xenuinas cancións populares tradicionais. Abt escribiu tamén tres óperas, Des Königs Scharfschütz, Die Hauptprobe e Reisebekanntschaften.

Notas editar

  1. Randel, Don Michael, ed. (1996). "Abt, Franz Wilhelm". The Harvard biographical dictionary of music. Cambridge, Mass.: Belknap Press of Harvard Univ. Press. pp. 2–3. ISBN 0-674-37299-9. 
  2. Chambers Biographical Dictionary, ISBN 0-550-18022-2, page 5
  3. 3,0 3,1 3,2 Edward F. Kravitt: "Franz Abt", Grove Music Online ed. L. Macy (Accessed January 18, 2009), (subscription access) Arquivado 16 de maio de 2008 en Wayback Machine.
  4. Chris Walton (2007) Richard Wagner's Zurich: The Muse of Place. Camden House, páx. 117