Frank Vogel
Frank Vogel, nado o 21 de xuño de 1973, é un adestrador estadounidense de baloncesto profesional. Vogel foi tamén ollador para os Los Angeles Lakers e os Washington Wizards. Vogel comezou a súa traxectoria coma adestrador sendo asistente dos Philadelphia 76ers, dos Boston Celtics, e dos Indiana Pacers, equipo no que foi adestrador principal por primeira vez.
![]() | |
Posición | Adestrador |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 21 de xuño de 1973 (50 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Información da carreira | |
Instituto | Wildwood (Nova Jersey) |
Universidade | Juniata (1991–1994) Kentucky (1995–1996) |
Historial de equipos | |
Boston Celtics (asistente) (2001–2004) Philadelphia 76ers (asistente) (2016–2018) Indiana Pacers (asistente) (2016–2018) Indiana Pacers (2011–2016) Orlando Magic (2016–2018) Los Angeles Lakers (2019–2022) | |
Premios e galardóns | |
Campión da NBA (2020) 1× Adestrador do All-Star (2014) |
Traxectoria Editar
Vogel comezou a súa carreira coma coordinador de vídeo dos Boston Celtics para o adestrador Rick Pitino. Estivo nese posto durante cinco anos ata que ascendeu a adestrador asistente. Tras a súa etapa en Boston, converteuse en adestrador asistente dos Philadelphia 76ers. Vogel deixou os 76ers para ser ollador dos Los Angeles Lakers na tempada 2005-06 e dos Washington Wizards na tempada 2006-07. Despois, Vogel fíxose co posto de asistente nos Indiana Pacers, con Jim O'Brien de adestrador. En 2011, tras ser despedido O'Brien, Vogel foi nomeado adestrador provisional.[1] Coma adestrador, Vogel liderou aos Pacers á súa primeira participación en playoffs dende o ano 2006. Vogel foi nomeado oficialmente adestrador principal dos Pacers o 6 de xullo de 2011.
O 20 de maio de 2016, Vogel foi contratado coma adestrador dos Orlando Magic.[2] Tras dúas tempadas en Orlando, Vogel foi despedido o 12 de abril de 2018.[3]
Notas Editar
- ↑ "Pacers relieve O'Brien of coaching duties". NBA.com. 30 de xaneiro de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Magic Name Frank Vogel Head Coach". NBA.com. 20 de maio de 2016. Consultado o 22 de maio de 2016.
- ↑ Orlando Magic dismiss coach Frank Vogel