Francisco Rozados

escritor e político galego

Francisco Rozados Rivas, coñecido como Rochi, nado en Forcarei o 17 de febreiro de 1963, é un escritor e político galego.

Infotaula de personaFrancisco Rozados

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 1963 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Forcarei, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1978374

Traxectoria editar

Cursou os seus estudos primarios na escola Nosa Señora das Dores de Forcarei e no colexio dos Escolapios de Monforte de Lemos. O bacharelato realizouno entre o Seminario Menor de Santiago e o Colexio San Narciso de Marín. Con posterioridade estudou o grao de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se especializou en Historia Contemporánea (1981-1986). Foi axente de desenvolvemento rural e xerente dos programas europeos PRODER e LEADER + MONTES (1996-2010), que abrangueron as comarcas da Terra de Montes e de Tabeirós. No plano da actividade cultural fundou e coordinou a revista municipal Cotaredo (1998-2011) e o anuario cultural Metacios (2012-2014). Afiliado ao Partido Popular de Galicia, foi concelleiro de cultura de Forcarei de 1999 a 2011. En 2013 abandonou a formación conservadora e fundou un partido de ámbito local chamado Foro Forcarei. Tamén colaborou en prensa nas edicións comarcais de La Voz de Galicia e Faro de Vigo coas seccións A miña fusadela e Ecos metacios respectivamente. No ano 2015 abandonou a política activa e dende 2019 traballa como ATC na empresa estatal Correos,[Cómpre referencia] actividade que alterna coa escritura e coas actividades audiovisuais.

Obras editar

Narrativa editar

  • Memoria de Trasdomonte. Edicións Fervenza, 2003.
  • O transparente, cronosférico e omníglota segredo de don Amaro Loureiro e a súa alma perdida e recobrada. Premio Xoán de Cangas de novela curta. Concello de Cangas, 2006.
  • Raiolas no faiado. Editorial Sotelo Blanco, 2008.
  • O bestiario máxico do abade Eliseo e outras narracións insólitas (premio Ánxel Fole X edición). Edicións Fervenza, 2011.
  • Niscoventa (premio Avilés de Taramancos de relato de aventuras -XX edición-). Editorial Toxosoutos. 2022.

Ensaio editar

  • Forcarei, no berce do Umia e do Lérez, Concello de Forcarei, 1991.
  • Terra de Montes. Guía Cultural e Turística, Editorial Everest, 2000.
  • O Cinema na Escola. Sempre Xonxa. Unidade didáctica do Cefocop -asesoramento ó Centro de Formación Continuada do Profesorado-. 2000.
  • Chano Piñeiro (biografía). Edicións Fervenza, 2003.
  • Forcarei. Historia fotográfica do século XX. Deputación de Pontevedra, 2005.
  • O Mosteiro de Aciveiro -Reedición en galego do libro de Antonio Rodríguez Fraiz (Prólogo e Fotografías)-. Deputación Provincial de Pontevedra. 2006.
  • Terra de Montes. Estudo antropolóxico. Reler Edicións, 2008.
  • Verde soño de auga, ceo e pedra (guía de Forcarei). Concello de Forcarei, 2010.
  • Lumière de nós. Chano Piñeiro ou a teima dun soño (1954-1995). Edicións Fervenza, 2020.

Audiovisual editar

  • Alén da néboa. CD homenaxe ó gaiteiro de Sorribas, Adelino Pichel, co grupo Chorovia na Moucarria. 2007.
  • Mamasunción volve ó correo. Documental XXV aniversario da curtametraxe "Mamasunción" de Chano Piñeiro. 2009.[1] Guión e codirección con Xoque Carbajal.
  • Os froitos da Pedra, asesoramento lingüítico do docudrama de Federico de la Peña para a Federación de Veciños Castelao de Pontevedra. 2003.
  • Amelia de Terra de Montes, asesoramento lingüístico do docudrama de Federico de la Peña para a Deputación de Pontevedra. 2005.
  • Muíños Tradicionais en Pontevedra, asesoramento lingüístico do documental de Federico de la Peña para a Deputación de Pontevedra. 2010.
  • O Arxina e o Felo. Obra de teatro para a compañía de monicreques Viravolta. Xuño de 2011.
  • Pontesampaio. Sinfonía de Pedra e Auga. Guión do documental de Federico de la Peña para o Concello de Pontevedra. 2013.
  • Canteiros. Os Demiúrgos da Pedra. Guión do documental de Xoque Carbajal. 2020.

Colectivas editar

  • Revista Cotaredo. Revista cultural do Concello de Forcarei (14 números). Fundada en 1998.
  • Avelino Cachafeiro, o Gaiteiro de Soutelo. Biografía en banda deseñada publicada por entregas en Faro de Vigo, con debuxos de Pedro Ruiz Bofill. 2001.
  • Chano Piñeiro. Biografía en banda deseñada publicada por entregas en Faro de Vigo, con debuxos de Pedro Ruiz Bofill. 2001.
  • Anuario Metacios. Anuario cultural da Terra de Montes (2 números). Fundado en 2012.
  • Chano Piñeiro, tecedor de soños. Colaboración revista Descubrindo. Anuario de estudos da Terra de Deza. 2005.
  • Poesía contemporánea. Tabeirós-Terra de Montes, 2005, Fervenza.
  • O Patrimonio de Montes. Fitos Culturais. En “A procura da nosa identidade. Terra de Montes”. Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. 2007.
  • Os Amigos de Chano Piñeiro. Colaboración para o libro coordinado por Miguel Anxo Fernández (Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia). 2007.
  • O vreeiro por Terra de Montes e Tabeirós. Comercio e peregrinaxe. Revista Miscelánea nº XIII (Fundación Cultural da Estrada – Museo do pobo estradense “Manuel Reimóndez Portela”). 2010.
  • Neboarea, poema para a obra Dairas, publicada polo I.E.S. García Barros da Estrada para axudar os campamentos de refuxiados de Tinduf. 2011
  • Chano Piñeiro ou a teima dun soño. Revista Miscelánea nº XXIII (Fundación Cultural da Estrada - Museo do pobo estradense "Manuel Reimóndez Portela). 2021.
  • I Premio Nós de Relatos (recompilación dos 3 relatos gañadores da 1ª edición. Concello de Ourense. Editorial Dr. Alveiros) 2021.
  • A Garza en Chamas (Recompilación Relatos Gañadores do Premio Manuel Murguía 2019-2021) Editorial Alvarellos. 2022.

Premios editar

  • Camilo José Cela de Narrativa (Concello de Padrón, 2001) –XII edición– pola narración “Unha campa na congostra de Rebordechao.[2]
  • Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela no Concello da Estrada (2001).
  • Certame de Narración Curta Ánxel Fole (2º premio) de Narrativa (Concello de Lugo, 2006) –VIII edición– pola narración “A Muller que non comía”.[3]
  • Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López (Concello da Paradela, 2006) –XI edición– pola narración “Raiolas no faiado”.
  • Concello de Marín de Narrativa (2006) –IX edición– pola narración “O Empeine, ou o misterioso caso da tumba profanada”.
  • Xoán de Cangas de Novela Curta (2006) –I edición– por “O transparente, cronosférico e omníglota segredo de don Amaro Loureiro e a súa alma perdida e recobrada”.
  • Certame de Narración Curta Ánxel Fole (Concello de Lugo, 2008) –X edición– pola narración “O Bestiario Máxico do Abade Eliseo”.
  • Accésit Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López (Concello da Paradela, 2011) -XVI edición- polo relato "Autobiografía dun defunto". 2011.
  • Insignia de Ouro da "Asociación de Amigos da Terra de Montes" pola súa traxectoria cultural, na xuntanza celebrada en Forcarei o 5 de agosto de 2012.
  • Concello de Marín de Narrativa (2016) -XIV edición- pola narración "Un orballo de silencios".
  • Certame Manuel Murguía de narracións breves (3º Premio na XVIII Edición - 2019) pola narración "Crónica de Ningures".
  • Accésit Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López (Concello da Paradela, 2001) -XXV edición- pola narración "O fado dos Romariz". 2020.
  • Premio Nós de Relato (2020) (Concello de Ourense ) -I edición- polo relato "A miña vila".[4]
  • Premio Relato de Aventuras "Antón Avilés de Taramancos" 2021 (Concello de Noia) -XX edición- polo relato "Niscoventa".[5]
  • Certame Manuel Murguía de narracións breves (3º Premio na XXXI Edición - 2022) pola narración "Somos Adán e nada somos".[6]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar