Francisco Ramos Calvete

sindicalista e político galego

Francisco Ramos Calvete, nado en Ferrol en 1891, foi un sindicalista e político galego.

Infotaula de personaFrancisco Ramos Calvete
Biografía
Nacemento1891 Editar o valor em Wikidata (132/133 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Albanel, afiliado á CNT de Ferrol. Foi procesado en 1919 pola rotura dunha urna cando se estaba realizando o escrutinio das eleccións municipais.[1] Foi elixido candidato da Agrupación Socialista de Ferrol para as eleccións municipais de 1920.[2] En 1930 era inspector local da Federación del Trabajo de Ferrol.[3] Foi secretario do Sindicato Único del Ramo de la Edificación,[4] e participou no conflito do cuarteis de “Sánchez Aguilera”. Estivo procesado por inxurias ao presidente do Consello de Ministros e ao Ministro de Trabajo. Organizador dun movemento de 48 horas promovido pola CNT e acusado da colocación de explosivos. Ingresou no cárcere de Ferrol o 13 de maio de 1933 por un delito de folga sediciosa,[5] en xuño o gobernador civil decretou a súa liberdade, e foi liberado o día 6.[6] Detido a finais de xaneiro de 1934 en Neda por participar nunha reunión clandestina, foi levado á Escollera. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e foi declarado en rebeldía. Presentouse ás autoridades en 1945, quedando en liberdade. Novamente detido, ingresou no cárcere de Ferrol o 10 de abril de 1948 e foi conducido á prisión da Coruña o 16 de abril. Complicado na causa 40/48 por agachar a un dos encausados, foi condenado a seis meses e un día de prisión menor en outubro de 1948.

Vida persoal editar

Casou en 1915 con Juana Pereira Yáñez.[7]

Notas editar

  1. El Ideal Gallego, 13-3-1919, p. 2.
  2. El Ideal Gallego, 14-1-1920, p. 1.
  3. El Pueblo Gallego, 4-11-1930, p. 2.
  4. El Obrero, 15-4-1933, p. 1.
  5. El Correo Gallego, 14-5-1933, p. 1.
  6. El Pueblo Gallego, 7-6-1933, p. 10.
  7. El Correo Gallego, 21-3-1915, p. 1.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar