Francisco José Viegas

xornalista, escritor e editor portugués

Francisco José Pereira de Almeida Viegas, nado en Pocinho (Vila Nova de Foz Côa) o 14 de marzo de 1962 é un xornalista, escritor e editor portugués.[1][2]

Infotaula de personaFrancisco José Viegas
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1962 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Pocinho, Portugal Editar o valor em Wikidata
Deputado da Asemblea da República de Portugal


Circunscrición electoral: Círculo eleitoral de Bragança (pt) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nova de Lisboa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor , profesor universitario , crítico literario , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Évora Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Social Demócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina weborigemdasespecies.blogs.sapo.pt Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm4111538 Twitter: fjviegas Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Viviu até aos oito anos nas aldeas de Pocinho (hoxe a última paraxe ferroviaria do Douro), e de Cedovim, e mudouse para Chaves cando os pais foron alí destinados como profesores do Ensino Primario. Na Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa obtivo en 1983 a súa licenciatura en Linguas e Literaturas Modernas, variante de Estudos Portugueses. Terminada a carreira, dedicouse ao xornalismo, mais tamén foi asistente de Lingüística, na Escola de Ciencias Sociais da Universidade de Évora,[3] até 1987.

Ao longo da súa carreira como xornalista, Francisco José Viegas colaborou en numerosos títulos da prensa portuguesa -Jornal de Letras, Expresso, Semanário, O Liberal, O Jornal, Se7e, Diário de Notícias, O Independente, Record, Visão, Notícias Magazine, Elle, Volta ao Mundo e Oceanos-; foi director das revistas Ler e Grande Reportagem, así como da Gazeta dos Desportos, alén de editor da revista Oceanos. Co pseudónimo António Sousa Homem escribiu desde hai tempo as “crónicas de um reaccionário minhoto”.[4]

Tamén tivo unha presenza regular na televisión -foi autor e presentador dos programas Escrita em Dia (SIC), Falatório (RTP2), Ler Para Crer (RTP2), Prazeres (RTP1), Um Café no Majestic (RTP2), Primeira Página (RTP1), Livro Aberto (RTP-N), Nada de Cultura (TVI24), sendo axiña un dos elementos fixos do programa A torto e a dereito na TVI24. Foi omentador regular na CMTV e, desde 2008, columnista diario do Correio da Manhã. Na radio, sendo comentador da TSF, presentou a versión radiofónica de Escrita en Día, na Antena 1.

Alén do xornalismo, Francisco José Viegas ocupa un lugar entre os autores da literatura portuguesa de finais do século XX e inicios do século XXI, publicando obras de poesía, novela, conto, unha peza de teatro e relatos de viaxes. Ademais, a súa obra está publicada noutros países, na Europa e na América Latina, Brasil, Francia, República Checa, Serbia, Alemaña, Italia e Colombia. O melancólico Inspector Jaime Ramos, personaxe das súas novelas, pasou a facer parte do imaxinário da literatura policial, á par de detectives famosos como Philipe Marlowe, Hercule Poirot, Comisario Maigret ou o Delegado Espinosa.[4]

Como editor, é director da Quetzal. Home relixioso, abandonou o catolicismo da súa tradición familiar e aproximouse ao judaísmo, relixión dos seus antepasados, numerosos en Vila Nova de Foz Côa.

Francisco José Viegas amosouse partidario de acrecentar os contactos persoais e institucionais entre Portugal e Galicia, sobre todo nos ámbitos cultural e literario.[5]

Traxectoria política editar

Tivo responsabilidades públicas como director da Casa Fernando Persoa,[6] cargo que lle atribuíu o antigo Alcalde de Lisboa, António Carmona Rodrigues, en 2006. En 2008 deixou esa función para regresar á dirección da revista Ler, onde se mantivo até 2011. Este ano iniciou un camiño na política, que o levaría ao goberno de Pedro Passos Coello, mais dimitiu o ano seguinte, en 2012.

Precisamente en 2011 -e na secuencia das eleccións lexislativas de xuño dese ano-, Francisco José Viegas foi elixido deputado polo Partido Social Demócrata - a pesar de non ser militante- dpor Bragança. Logo de seguida. Axiña foi nomeado Secretario de Estado da Cultura[7] do XIX Goberno Constitucional[8] órgano que, desde Manuel Maria Carrilho, tivera o grao político de Ministro. Cuestionado polo Correio da Manhã sobre a nova orgánica respondeu: "Iso" [o fin do Ministerio da Cultura] "baséase nun prexuízo ideolóxico e é moi difícil perdelo. A Secretaría de Estado ten dúas centésimas máis do total do Orzamento do que o Ministerio tiña, mais iso non o ven significativo".[9] O 25 de outubro de 2012, porén, foi informada a saída de Francisco José Viegas do goberno, a petición propia, e por "razóns graves de saúde".[10]

En febreiro de 2013 saltou a polémica ao publicar un texto no seu blog, A Origem das Espécies, onde criticaba severamente a intención de multar quen non pedise facturas detalladas.[11]

Obras editar

Poesía editar

  • O Verão e Depois (1978)
  • Fascínio da Monotonia (1982)
  • Olhos de Água (1983)
  • Paisagens, Caligrafias (1983)
  • As imagens (1987). Editorial Caminho. 88 pp.
  • Todas as coisas (1988). Editorial Caminho. 136 pp.
  • Poemas (1988)
  • O Medo do Inverno Seguido de Poemas Irlandeses (1994). Editorial Caminho. 72 pp.
  • Metade da Vida (2002). 2.ª ed. revisada en 2004. Ed. 2007 en A Esfera dos Livros, 272 pp.
  • O Puro e o Impuro (2003). Quasi Edições. 56 pp.
  • A Noite o Que É? (2007). Quasi Edições. 80 pp.
  • Se me Comovesse o Amor (2008). Quasi Edições. 56 pp.
  • Naquela Língua - Cem Poemas e Alguns mais. Antologia da Novíssima Poesia Brasileira (2017). Elsinore. 128 pp.
  • Juncos à Beira do Caminho (2018). Editorial Caminho. 96 pp.
  • Deixar um Verso a Meio (2019). Imprensa Nacional Casa da Moeda. 398 pp.

Narrativa editar

  • Regresso por um Rio (1987). Publicações Europa-América. 156 pp. (Nova edición revisada polo autor, 2017, en Porto Editora)
  • Crime em Ponta Delgada (1989). Publicações Europa-América. 212 pp.
  • Morte no Estádio (1991). Ed. 2002 en Edições Asa. 288 pp.
  • As Duas Águas do Mar (1992). Ed. de 2013 en Porto Editora. 360 pp.
  • Um Céu Demasiado Azul (1995). Ed. de 2013 en Porto Editora. 320 pp.
  • Um Crime na Exposição (1998). Ed. de 2015 en Porto Editora. 266 pp
  • Um Crime Capital (2001). Porto Editora. 200 pp.
  • Lourenço Marques (2002). Porto Editora. 208 pp. [no Brasil publicada co título A Luz do Índico']
  • Longe de Manaus (2005). Ed. 2013 en Porto Editora. 480 pp.
  • O Mar em Casablanca (2009). Porto Editora. 240 pp.
  • O Colecionador de Erva (2013). Porto Editora. 312 pp.
  • A Poeira que Cai Sobre a Terra e Outras Histórias de Jaime Ramos (2016). Porto Editora. 256 pp.
  • A Luz de Pequim (2019). Porto Editora. 400 pp.

Infantil editar

  • A Brasileira de Prazins de Camilo Castelo Branco (2008). Adaptación de Francisco José Viegas. Ilustración de Sandra Serra. Quasi Edições. 30 pp.
  • Se Eu Fosse... Nacionalidades (2010). Booksmile. 32 pp.

Teatro editar

  • O Segundo Marinheiro (1988). Vega. 49 pp.

Crónicas editar

  • Algumas Distracções (2006). Quasi Edições. 224 pp.
  • Um Liberal à Moda Antiga (2008). Bertrand Editora. 336 pp.

Viaxes editar

  • Nas Margens de um Rio (1987)
  • Comboios Portugueses (1988)
  • O Voo dos Anjos (1995)
  • Tão Longe Quanto os Homens (2010). Con Manuel Gomes Costa. Monstera Ed.

Guías editar

  • 99 cervejas + 1 ou Como Não Morrer de Sede no Inferno (2006). A Esfera dos Livros. 120 pp.
  • Dicionário de Coisas Práticas (2011). Bertrand Editora. 216 pp.
  • A Dieta Ideal. Receitas Familiares e Saborosas (2015). Quetzal Editores. 192 pp.

Premios editar

  • 2005: Grande Prémio de Romance e Novela da Associação Portuguesa de Escritores por Longe de Manaus.

Condecoracións editar

  • Grande-Oficial da Orde do Mérito, 10 de xuño de 2009.

Notas editar

  1. Fidelizarte. "Francisco José Viegas". Portal da Literatura (en portugués). Consultado o 2020-04-06. 
  2. "Biografia". www.parlamento.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-06. 
  3. "Francisco José Viegas". www.epdlp.com (en portugués). Consultado o 2020-04-06. 
  4. 4,0 4,1 "Grande Entrevista - Francisco José Viegas". Revista BICA (en portugués). 2019-05-13. Consultado o 2020-04-06. 
  5. Galega, Consello da Cultura. "Francisco José Viegas, director da Revista LER, partidario de maiores contactos persoais e institucionais entre Portugal e Galicia". CONSELLO DA CULTURA GALEGA. Consultado o 2020-04-06. 
  6. "Casa Fernando Pessoa". www.casafernandopessoa.pt. Consultado o 2020-04-06. 
  7. "Francisco José Viegas. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-06. 
  8. PÚBLICO. "Perfil: Francisco José Viegas, secretário de Estado da Cultura". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-04-06. 
  9. "Francisco José Viegas: "Acharam que vestiria a pele de estalinista"". www.cmjornal.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-06. 
  10. Alvarez, Joana Amaral Cardoso, Luciano. "Passos confirma saída de Francisco José Viegas do Governo". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-04-06. 
  11. "Ex-secretário de Estado de Passos manda o fisco ″ ir tomar no cu″ - JN". www.jn.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-06. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar