Francisco Flores

político salvadoreño


Francisco Guillermo Flores Pérez, nado en Santa Ana o 17 de outubro de 1959 e finado en San Salvador o 30 de xaneiro de 2016, foi un político que foi o presidente do Salvador entre 1999 e 2004.

Infotaula de personaFrancisco Guillermo Flores Pérez
Biografía
Nacemento17 de outubro de 1959 Editar o valor em Wikidata
Santa Ana
Morte30 de xaneiro de 2016 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
San Salvador, O Salvador Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Hemorraxia cerebral Editar o valor em Wikidata)
Cargos
Presidente do Salvador
Período1 de xuño de 1999 - 1 de xuño de 2004
AntecesorArmando Calderón Sol
SucesorAntonio Saca
Datos persoais
País de nacionalidadeO Salvador Editar o valor em Wikidata
EducaciónAmherst College (pt) Traducir
Universidade Howard (pt) Traducir
University of Hartford (en) Traducir
Universidade Harvard Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico
Partido políticoARENA
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
CónxuxeLourdes Rodríguez de Flores
Condenado porapropiación indebida Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 157653113 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado no seo dunha acomodada familia mestiza conservadora. Estudou Filosofía no Amsherst College en Massachusetts, Estados Unidos, e ciencias políticas nas universidades británica de Oxford e estadounidense de Harvard. Ademais de estudos de filosofía oriental na India co pensamento propio do hinduísmo, malia isto non deixou a relixión católica.

Ingresou no mundo político despois do asasinato do seu sogro Antonio Rodríguez Porth, o Secretario privado da presidencia no Goberno de Alfredo Cristiani a mans da guerrilla salvadoreña.

Comezou con éxito a súa carreira política no partido ARENA como Ministro de Planificación. Despois como Viceministro da Presidencia, con funcións como Asesor do Xefe de Estado, e dirixiu o Plan de Acción Gobernamental para acordar os Tratados de Paz de xaneiro de 1992 que acabaron coa loita armada entre a Frente Farabundo Martí para a Liberación Nacional (FMLN) e Alianza Republicana Nacionalista do Salvador (ARENA).

Nas eleccións do 20 de marzo de 1994, Flores foi elixido Deputado para a Asemblea LeXislativa e o Presidente dese entón Armando Calderón Sol, elixiuno Secretario de Información para a Presidencia.

Presidencia editar

O 29 de marzo de 1999 seu partido, a Alianza Republicana Nacionalista (ARENA) anunciou que Flores sería seu demandante para as eleccións de 1999. Con 39 anos de idade (o xefe de Estado máis mozo do Salvador xunto a seu sucesor Elías Antonio Saca González), Flores converteuse en presidente o 1 de xullo de 1999, sendo o terceiro do partido ARENA que conseguiu o cargo de forma consecutiva, sucedendo a súa correlixionário Calderón Sol.

Na súa política económica destacou pola súa fidelidade na aplicación do modelo neoliberal, mudou a moeda de curso legal do país, o colón salvadoreño, polo dólar estadounidense o 2 de xaneiro de 2001, por medio da Lei de Integración Monetaria (promovida polo seu goberno e aprobada pola Asemblea Lexislativa en novembro de 2000), que implicaba o proceso de dolarización de todas as transaccións económicas e financeiras nun prazo de seis meses.

En política internacional o goberno de Flores destacou polo apoio á ocupación do Iraq por parte de Estados Unidos e o envío de tropas salvadoreñas, sendo o país latinoamericano que deu máis apoio político e militar ao goberno estadounidense, tamén foi dos poucos mandatarios que recoñeceu o efémero goberno golpista de Pedro Carmona na Venezuela. Outro membro de seu Partido, Elías Antonio Saca González, substituíulle na presidencia en 2004.

Presidente do Salvador

Segue a:
Armando Calderón Sol
Francisco Flores
Precede a:
Antonio Saca
ARENA