Abrir o menú principal

Francisco Cerecedo

xornalista español

Francisco González Cerecedo, tamén coñecido como "Cuco" Cerecedo, nado en Vigo en 1940 e finado en Bogotá en 1977, foi un xornalista galego.

Francisco Cerecedo
Nacemento1940
 Vigo
Falecemento1977
 Bogotá
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou dereito na Universidade de Salamanca e xornalismo na Escola Oficial de Madrid. Comezou a súa carreira no diario El Pueblo Gallego, e de aí pasou a traballar no semanario Blanco y Negro do diario madrileño ABC. Logo pasou ao Diario Madrid, onde comezou na sección de deportes e posteriormente, nacional. Tras o peche do xornal, foise á revista Posible, e posteriormente a Cambio 16 desde a súa fundación, profundando na información política. Nesas publicacións comezou a elaborar reportaxes sobre as condicións políticas e sociais dos países africanos e suramericanos.

Cerecedo morreu de forma súbita en Bogotá mentres acompañaba a Felipe González durante unha xira do secretario Xeral do PSOE por América Latina, debido a un aneurisma cerebral.

ObraEditar