Francisco Bernis Madrazo

biólogo español

Francisco Bernis Madrazo, nado en Salamanca o 16 de agosto de 1916[1] e finado en Madrid, o 10 de novembro de 2003,[2] foi un ornitólogo e biólogoespañol.

Infotaula de personaFrancisco Bernis Madrazo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de agosto de 1916 Editar o valor em Wikidata
Salamanca, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de novembro de 2003 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático de universidade
21 de novembro de 1956 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEspaña Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central - ciencias naturais (–1941)
Universidade Complutense de Madrid - ciencias naturais Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbiólogo , investigador , profesor universitario , ornitólogo , botánico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoJosé Pablo Veiga (en) Traducir, José Luis Tellería (en) Traducir, Eduardo de Juana (en) Traducir e Salvador J. Peris (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Abreviación dun autor en botánicaBernis Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosCristina Bernis Carro (en) Traducir, Francisco Bernis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiFrancisco Bernis Carrasco Editar o valor em Wikidata
IrmánsCarmen Bernis Madrazo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 17883

Traxectoria editar

Primeiros anos e formación editar

Discípulo do Instituto Libre de Enseñanza,[3] o seu interese pola bioloxía foi moi temperán e ingresou na Sociedade Española de Historia Natural en 1933, cando tiña 17 anos. Licenciouse en Ciencias Naturais en 1941[3] e comezou a traballar como profesor de ensino secundario e, en 1943, obtivo a cátedra de Ciencias no Instituto de Lugo, onde permaneceu até 1956[2] e onde realizou un intenso traballo de campo.

Carreira profesional editar

Doutorouse en 1951, cunha tese sobre a revisión taxonómica do xénero vexetal Armeria con Premio extraordinario de Doutoramento[4] e, o ano seguinte, iniciou a exploración ornitolóxica de Doñana. Xunto a José Antonio Valverde, levou a cabo as primeiras iniciativas para a protección deste xacemento e a conformación dun parque nacional. En 1954, xunto con outros afeccionados ao estudo das aves, fundou a Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO), da que foi secretario xeral até 1972.[4][5] Colaborou na editorial da Sociedade e actuando como redactor da revista Ardeola.

En 1956, Bernis converteuse en catedrático de Zooloxía de vertebrados na Complutense[3] até a súa xubilación en 1985,[2] e exerceu, tamén, como xefe da sección de vertebrados do Museo de Ciencias Naturais de Madrid.

Foi pioneiro no anelamento científico de aves e, en 1957, organizou as primeiras campañas de anelamento do entón recentemente creado Centro de Migración de Aves da Sociedade Española de Ornitolóxica.

Bernis xerou procedementos innovadores para a época: prácticas de campo cos seus alumnos, creación e uso de láminas, diapositivas e mesmo películas. Estimulou a formación da colección que hoxe constitúe o Museo de Anatomía Comparada de Vertebrados (MACV), situado na Facultade de Ciencias Biolóxicas da Universidade Complutense de Madrid; e foi unha das máis importantes entre as universidades europeas. A súa visión innovadora e informada da bioloxía do seu tempo traduciuse nunha presenza constante en congresos internacionais en Basilea (1954), Helsinqui (1958), Ithaca, Nova York (1962), Oxford (1966) e A Haia (1970);[4] e na aceptación dos postulados neodarwinistas.

Obras editar

A súa actividade científica principal estivo ligada ao estudo das migracións das aves, pero tamén aos censos, a zooxeografía e outros aspectos da ornitoloxía. En 1954, publicou en Ardeola o Prontuario de la Avifauna española (Incluyendo aves de Portugal, Baleares y Canarias), que se converteu nunha publicación de grande importancia na ornitoloxía española. Pouco despois, en 1959, apareceu na mesma revista La migración de las cigüeñas españolas y de otras cigüeñas occidentales, que foi a primeira dunha serie continuada entre 1966 e 1971 denominada Aves migradoras Ibéricas, publicada en 8 fascículos e completada por algúns dos seus discípulos.

En 1966, a súa obra Migración en aves. Tratado teórico-práctico, converteuse nun referente para o anelamento e a migratoloxía de aves en España durante as últimas décadas. Outros títulos relevantes da súa produción científica foron: La migración de las aves en el Estrecho de Gibraltar (1980); Diccionario de nombres vernáculos de aves (1995) e La clase aves. Un recorrido biológico por la taxonomía (1997).

Legado editar

 
Francisco Bernís nunha excursión a Cogolludo, Guadalaxara, polo 1930.

A súa influencia en xeracións de ornitólogos españois desde a segunda metade do século XX é indiscutible. A pulcritude do seu traballo, a gran cultura e o éxito na análise fan del un referente obrigado. Pero tamén, un pouco paralelo a Charles Darwin, o seu estilo literario absolutamente característico, preciso, rico en conceptos, entretido e maxistral, fan da súa obra unha delicia para o lector, que ademais de científico atopa un verdadeiro escritor.

Foi membro de diversas sociedades internacionais como a British Ornithologist's Union, a American Ornithologist's Union e a Deutsche Ornithologische Gesellschaft.[3]

Notas editar

  1. Castellón Serrano, Leal Pérez-Chao, Martínez Alfaro, Masip Hidalgo e Prado Gómez (2016), p. 66
  2. 2,0 2,1 2,2 Merino (2004), p. 63
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 De Juana, Eduardo (11 de novembro de 2003). "Francisco Bernis, ornitólogo". elpais.com (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Merino (2004), p. 64
  5. De Juana, indica até 1974.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Castellón Serrano, Luis; Leal Pérez-Chao, Juan; Martínez Alfaro, Encarnación; Masip Hidalgo, Carmen; Prado Gómez, Antonio (2016). "Apuntes biográficos de un docente y científico singular". Cátedras y gabinetes: Revista de la Asociación Nacional para la Defensa del Patrimonio de los Institutos Históricos (en castelán) (Madrid) (1): 66–72. ISSN 2445-4125. 
  • Merino, Mª del Mar (2004). Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, ed. "Hizo historia: Francisco Bernis Madrazo (1916-2003)" (PDF). Ambienta: La revista del Ministerio de Medio Ambiente (en castelán) (Madrid) (29): 63–64. ISSN 1577-9491. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar