Francisco Andrade Marín

político ecuatoriano

Francisco Higinio Andrade Marín y Ribadeneira, nado en Quito en 1841 e finado ibídem en 1935, foi un político ecuatoriano, presidente encargado do país entre o 6 de marzo e o 1 de agosto de 1912, ademais de alcalde de Quito en catro ocasións.

Infotaula de personaFrancisco Andrade Marín

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1841 Editar o valor em Wikidata
Quito, Ecuador Editar o valor em Wikidata
Morte6 de setembro de 1935 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Quito, Ecuador Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePneumonía Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Quito
1 de xaneiro de 1905 – 31 de decembro de 1905
Alcalde de Quito
1 de xaneiro de 1892 – 31 de decembro de 1892
← valor descoñecido
Alcalde de Quito
1 de xaneiro de 1888 – 31 de decembro de 1888
← valor descoñecido – valor descoñecido →
Alcalde de Quito
1 de xaneiro de 1878 – 31 de decembro de 1878
← valor descoñecido – valor descoñecido → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEcuador Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoRadical Liberal Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosCarlos Andrade Marín (en) Traducir, Luciano Andrade Marín (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Presidencia editar

Logo do golpe do 5 de marzo de 1912, que privou a vida aó xeneral Julio Andrade Rodríguez e obrigou a renunciar ó Goberno de Carlos Freile Zaldumbide, Francisco Andrade Marín, entón presidente da Cámara de Deputados, recibiu do xeneral Leónidas Plaza Gutiérrez a misión de conducir os destinos da República. Freile Zaldumbide, sen carácter para afrontar as circunstancias, dispúxose a renunciar para despois de poucos días protestar ante os feitos consumados, mentres que Andrade Marín, dobregado ante a vontade de Plaza Gutiérrez, fíxose cargo do Executivo en nome dunha Constitución que non existía, para traspasala despois de poucos meses ó xeneral Plaza.

Durante o seu interinazgo tratou de preparar as xornadas electorais que se celebraron sen ningún entusiasmo, porque de antemán coñeceuse que o único candidato triunfante sería o xeneral Leónidas Plaza, como o foi en efecto, mercé ós votos e empregados en troques de defender os seus cargos burocráticos e de militares de rápidos ascensos. Reunido o Congreso en 1912, Andrade Marín leu unha mensaxe en que se refería longamente ós acontecementos de marzo, pero con afirmacións tan simplistas que foron refutadas polo Dr. Tobar con palabras moi fortes. O mesmo día Andrade Marín preferiu ceder as rendas do Goberno ó presidente do Senado Alfredo Baquerizo Moreno.